15.10.09

Co que cobran 8 directivos de Caixa Galicia poderían contratar a 411 persoas.


A finais do ano pasado, dentro do plan de recorte de custes que tanto sufrimos nas oficinas, a Caixa anunciaba unha baixada nos salarios da Alta Dirección dun 30%. Previamente a CIG denunciara publicamente a suba desmedida dos salarios da Dirección dende o ano 2005.

Xa neste ano diversos medios de comunicación fixéronse eco dunha baixada dun 6% dos salarios no 2008 dos integrantes do Comité de Alta Dirección (CAD), lonxe do 30% anunciado.

Os números non menten, pero sempre son manexables. Os salarios agregados do Comité Alta Dirección no ano 2007 foron por un monto total de 6.326.000 euros, fronte aos 5.951.000 euros do ano 2008, un 6% menos.

Pero os datos publicados son parciais e incompletos, xa que non tiveron en conta o número de persoas que integran o CAD, tampouco tiveron en conta as achegas a compromisos post-emprego.

Tendo en conta eses datos que a Dirección “esqueceu”, os seus salarios son os seguintes:



Salarios Comité Alta Dirección





Salario total inclúe compromisos post-emprego. Datos Memoria resultados dispoñible na web de Caixa Galicia.


As variacións no número de persoas que compoñen o Comité de Alta Dirección non nos permiten afirmar, nin comprobar, cal é a variación real dos salarios. En todo caso cobran de media 924.625 euros no 2008, fronte aos 352.800 do 2005.

Na pasada Asemblea Xeral, a CIG, na súa intervención por boca do Conselleiro Xeral Clodomiro Montero, solicitou formalmente que se informase do salario individualizado do citado Comité, negándose publicamente o Director Xeral a facilitar os datos. (Lembrade que podedes ver o vídeo da intervención íntegra).

Caixa Galicia acudiu ás medidas de rescate postas en marcha polo Ministerio de Economía, á poxa de activos e aos avais públicos. Hai aberto un debate a nivel mundial e estatal sobre a necesidade de limitar os salarios dos banqueiros, debate que, con estes datos, hai que dalo tamén a nivel galego, en empresas baixo control público e que reciben axudas públicas.

En todo caso contrastar que dende o ano 2005, no que a Caixa inicia o cambio de modelo de xestión (que o persoal padece día a día), a Alta Dirección incrementou os seus privilexios de forma exponencial e, dende logo, sen ter conta os resultados económicos da empresa.

Abonda de recortes por abaixo, de reducir persoal na rede comercial, de non cubrir as baixas, de perseguir a través da Mutua ás persoas enfermas, se hai que afrontar redución que comecen por arriba.

Co que cobran os 8 do Comité da Alta Dirección chegaría para pagar o salario de 411 persoas contratadas con nivel XIII durante un ano (CPAR incluído). Unha vergonza.

Galiza, 15 de outubro de 2009



2 comentários:

Anónimo disse...

2 x 4 = 8

Doblemente cuatreros

Im-pagado disse...

Xan:-Viches que en "El Ejido" os corruptos pagaban ata 2000 euros por cambiar unha baldosa?

Perillan:-Home, non será que contrataban para cambiala a directivos de Caixa Galicia...