Tradicionalmente a xustiza española (incluida o Tribunal Supremo) consideraban que se perdían as vacacións cando coincidía o periodo de disfrute cunha baixa por enfermidade. Recentemente os tribunais europeos recoñeceron o dereito a disfrutar as vacacións, cando estas non poideran disfrutarse por estar o traballador/a de baixa no período fixado.
Agora temos unha sentenza gañada contra Caixa Galicia que ten aspectos novidosos xa que se refire a vacacións do ano anterior.
Un compañeiro estivo de baixa parte do ano 2008 e do ano 2009, sen poder disfrutar plenamente as vacacións correspondentes ao ano 2008.
No momento da súa reincorporación en febreiro do 2009 solicitou o disfrute das vacacións correspondentes ao ano 2008, sendo denegadas pola empresa. Calquera intento de chegar a un acordo foi imposible debido a prepotencia habitual e a intención de recortar permanentemente os nosos dereitos laborais.
Ante esta negativa, o noso compañeiro presentou demanda contra Caixa Galicia, celebrándose o xuízo o pasado 29 de setembro. Agora o xulgado do social n 2 do Ferrol faiou a favor do compañeiro establecendo o seu dereito a disfrutar as vacacións do ano anterior.
A sentenza di textualmente que “o dereito ás vacacións anuais retribuídas non se extingue ao finalizar o período de devengo das mesmas, cando o traballador estivera en situación de baixa por enfermidade durante todo o tempo de devengo e non puidera disfrutalas dentro do ano natural.”
Malia que Caixa Galicia poderá recorrer a sentenza, este compañeiro poderá disfrutar as vacacións, grazas a que non renunciou ao seu dereito dando un claro exemplo do que deberíamos facer todos e todas ante os abusos diarios por parte da empresa.
Agardamos que a Dirección reconsidere a súa posición e que non continúe xudicializando a vida laboral, a sentenza é clara, a razón e a xustiza estan do noso lado.

Sem comentários:
Enviar um comentário