14.9.09

Violencia laboral


Este verano o nerviosismo e a incompetencia levou a que se superase na maior parte das Territoriais o nivel de insultos, as ameazas e as descualificacións que, desgraciadamente, son habituais. Pero por máis que sexa algo habitual, non é normal; os insultos están cualificados penalmente como inxurias (son un delito). Ameazas e insultos están cualificados laboralmente como violencia laboral.

As normas laborais e de saúde laboral, tanto internacionais, europeas, como estatais recollen que violencia laboral é calquera acción, todo incidente ou comportamento que non poda considerarse unha actitude razoable e co cal atácase, prexudícase, degrádase ou férese a unha persoa dentro do marco do seu traballo ou debido directamente ao mesmo (OIT, 2003 a).

Así, a violencia no traballo é un dos riscos aos que están sometidas as persoas que interrelacionan con outras persoas no desempeño do seu traballo. Incluiría ademais das agresións físicas, as condutas verbais ameazantes, intimidatorias, abusivas e acosantes (INSHT, 2000).

A violencia verbal pode ser cualificada segundo varios sistemas; o máis estendido é o realizado pola California Division of Occupational Health and Safety (Cal/OSHA) que distingue segundo a gravidade establecendo que é:

Agresión verbal, utilizar un vocabulario obsceno, insultar, berrar despectivamente, linguaxe corporal provocador ou agresivo que expresa intimidación ou desprezo.

Agresión verbal grave, ameazar gravemente ao traballador/a, ameazar á familia, etc.

Unha das causas da violencia laboral son as características do traballo:

A violencia soe ser máis frecuente nas empresas nas que impera unha organización moi ríxida (burocratizada ou autoritaria) ou moi flexible (inestable, precaria, impredicible), unha organización carente de políticas e normativas coherentes, con circuítos e canais de comunicación inoperantes ou deficitarios, con contidos informativos insuficientes, ambiguos, tardíos e cun estilo de mando autoritario ou arbitrario e onde pode darse un trato de favor ou un trato discriminatorio, desigual e vexatorio, onde se desvaloriza ao traballador/a, onde hai falta de participación na toma de decisións, onde as esixencias son excesivas, onde hai falta de recoñecemento e de apoio por parte dos xefes e compañeiros, onde se dan presións para incrementar a produtividade, onde os cadros de persoal son inadecuados (escaseza do cadro de persoal, reducións do cadro de persoal, despedimentos), onde as condicións e o clima de traballo é estresante e onde hai masificación e tempos de espera longos. Ademais a violencia no traballo soe darse nos traballos que se realizan en solitario, nos que implican intercambio regular de diñeiro con clientes, nos traballos nocturnos, nos lugares de traballo que teñen bens valiosos, nos que se realizan servizos de seguridade privada, nos que se traballa con público (consumidores, usuarios, clientes, pasaxeiros, pacientes, etc.) e nos que se traballa con certos colectivos conflitivos ou se desenvolven funcións de seguridade pública (Cantera, Cervantes e Blanch, 2008).

Caixa Galicia encaixa perfectamente neste perfil, estamos ante unha pésima organización conforme a esta descrición.

As patoloxías máis frecuentes que sofren as vítimas son: o síndrome agudo de estrés e o trastorno de estrés postraumático.

Tamén hai que ter en conta outras consecuencias para a empresa como o abandono da organización, o cambio de traballo, o maior absentismo por enfermidade, as xubilacións anticipadas, os índices elevados de rotación, de traslado, de excedencia e de substitución do persoal, a diminución da produtividade e o incremento de queixas e preitos (Cantera, Cervantes e Blanch, 2008).

Non hai nada que xustifique que se cometan delitos de inxurias contra o persoal nin que se ampare a violencia laboral contra o persoal.

Os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia non debemos admitir este tipo de condutas, somos quen debemos dar o primeiro paso para paralas.

1 comentário:

Dolores disse...

O equipo Walter xa se desfixo de dous compañeiros, ata cando temos que sofrir ou poñe-la outra meixela.
Acción sindical xa.