“Nas sociedades do noso mundo occidental altamente industrializado, o lugar de traballo constitúe o último campo de batalla no que unha persoa pode matar a outra sen ningún risco de chegar a ser procesada ante un tribunal”. Heinz Leymann.
DIAGNOSES:
Podemos falar de acoso psicolóxico cando: a fustrigación prodúcese de forma continuada (polo menos durante seis meses, unha vez por semana). Provoca na “vítima” estados de ansiedade, tensión, depresión, danos no aparello dixestivo, alteración do sono, perda de autoestima, irritación xeneralizada .....entre outros síntomas.
Comportamentos/técnicas de acoso laboral Para ser un bo psicoterrorista
DIAGNOSES:
Podemos falar de acoso psicolóxico cando: a fustrigación prodúcese de forma continuada (polo menos durante seis meses, unha vez por semana). Provoca na “vítima” estados de ansiedade, tensión, depresión, danos no aparello dixestivo, alteración do sono, perda de autoestima, irritación xeneralizada .....entre outros síntomas.
Comportamentos/técnicas de acoso laboral Para ser un bo psicoterrorista
- Agresións verbais.
- Gritar e insultar.
- Críticas permanentes ao seu traballo.
- Ameazas verbais. - Impedir á vítima que se exprese.
- Desconsiderala ante os seus iguais.
- Desacreditala no traballo.
- Comprometer a súa saúde.
O que busca a persoa acosadora é, vendo ao seu inimigo potencial -a vítima-, convertela ao seu grupo para que deixe de ser un perigo para o pseudo-liderado do acosador. "Se non estás comigo estás contra min".
Transcendencia e contaxio do acoso laboral
A resposta da contorna laboral será a que determinará a resolución rápida do acoso, ou ben a súa implantación permanente, co consecuente dano na saúde da persoa acosada. Por tanto, a contorna é un elemento básico no desenvolvemento ou na resolución do acoso laboral. Os cómplices (directos ou indirectos) son quen magnifican as consecuencias da conduta arbitraria, ao permitir as actuacións ilegais e inmorais da persoa causante do acoso: "déixaselle facer".
Ademais, a persoa superior xerarquicamente decide voluntariamente non facer caso das queixas da persoa acosada e, no seu lugar, dá liberdade á que acosa, para que se asañe con vilezas de todo tipo. E claro que a propia empresa é a principal responsable dentro da dinámica do acoso laboral. Por tanto, é partícipe ou cómplice -por acción ou omisión-, e será a responsable dos danos que sufra a vítima.
A empresa
O acoso pode xurdir en calquera empresa, pero sobre todo se a organización do traballo ten unha deficiente planificación ou porque forma parte integrante do "facer" empresarial. Tanto se se trata dunha estratexia empresarial consciente, como inconsciente, non debemos esquecer que repousa sobre a empresa o sufrimento moral e físico do/a traballador/a. A impunidade é absoluta se os/as superiores decidiron que a persoa acosadora "traballe" a gusto sobre a acosada.
Marxinación e abandono do traballo
Consiste na exclusión da persoa acosada do mundo laboral, xa sexa por despedimentos, xubilacións anticipadas, invalidez, perda da razón e ás veces, mesmo, con perda da vida (suicidio, accidentes laborais mortais...). Ademais de maltratada, impútaselle todo o negativo que poida ocorrer...
Recuperación ou enfermidade para sempre
Debido ao maior coñecemento e difusión do proceso destrutivo do mobbing, existen persoas na empresa que se negan a agredir, e tamén outras que axudan á reparación do dano recibido. Se ese non fose o caso, é necesario acudir aos tribunais de xustiza con toda a documentación acumulada e con bo asesoramento legal.
Sem comentários:
Enviar um comentário