27.10.09

Acoso Laboral II, que facer.

PROBAS:

Lamentablemente, a fase da reacción da diagnoses de que se está sendo vítima de acoso, chega cando xa é demasiado tarde, co cal se fai moito máis difícil recoller as probas, os indicios de que estamos a ser, ou fomos, vítimas de acoso laboral (mobbing), ou dunha presión laboral tendenciosa. Dito isto, se podemos, deberemos comezar a recoller todas as probas que podamos.

Gardar, a nivel laboral:

* Escritos denigrantes.
* Correos electrónicos con acusacións, insultos, etc.
* Memorias para comprobar que traballos se facían antes, e cales se fan actualmente (se nos están denigrando).
* Pedir as ordes por escrito.
* Non debes esquecer: levar un caderno onde se recollan os feitos que están a acontecer cada día. Sobre isto, é importante recalcar que apuntar os feitos, os indicios, refírese a contar brevemente pero con detalle forense, a data e hora, a persoa que cometeu o feito acosador, e o feito en si.
* Realizar un escrito de queixa polo feito degradante, pedir que asinen un “recibín” ou lle poñan un selo de entrada, e gardar a copia. No seu momento, a Empresa non poderá dicir que non se deu por decatada.
* Por último, e se é posible, gravar esas conversas denigrantes co acosador ou acosadora. Esas que se producen, quizais, na intimidade e sen testemuñas. E tamén as outras, as dos berros.

Gardar, a nivel de saúde:

* Informes médicos que confirmen a situación de saúde.
* Consultas psicolóxicas e tratamento preciso.
* Baixas médicas sufridas polo acoso laboral ao que se está sometido.
* Resumo de baixas médicas.

Puntualizacións:

O acoso laboral existe independentemente de que dispoñamos de probas ou non. Loxicamente, se temos que acudir a algún estamento, será máis fácil se as temos, pero que non as teñamos, non é impedimento para realizar as nosas queixas.

No relacionado a solicitar as ordes por escrito ou a realizar comunicación escrita á empresa con selo de entrada, etc., non che dea apuro, non teñas vergoña. Ti xa es vítima de acoso laboral, todo o que fagas en Xustiza, e utilizando as canles legais e administrativas que a sociedade te presta, non vai empeorar nada, só o pode mellorar. Non serás unha vítima submisa. Os/as cómplices do/a acosador/a andaranse con coidado, xa que ti comezaches reaccionar.

Por último, e moi importante, aínda que non vai relacionado coas probas pero non podemos deixar de indicalo e volverémolo recalcar: Non te enfrontes nin verbal nin fisicamente ao/á acosador/a e o seu grupo de cómplices. Cando nos referimos a que non cales, referímonos a que recollas por escrito o acontecido e deas curso á túa queixa.

Sem comentários: