10.2.09

Publicistas da Caixa Galicia deseñan campaña que lembran lemas da CIG


O sindicalismo nacionalista ven utilizando o lema “Sindigalízate” dende os anos 80 tanto en eleccións sindicais, como especialmente en campañas de afiliación.

Actualmente os creativos de Caixa Galicia teñen unha campaña que curiosamente utiliza lemas que lembran os utilizados pola CIG. O lema principal é “caixagalíciate”, acompañados doutros lemas que varían.

Na propia páxina web da Entidade os lemas son “únete, protégete, cuídate”, contidos que lembran os argumentos sindicais utilizados pola CIG, en galego, nas campañas de afiliación.

Un parecido mais que razoable. En todo caso si quere unirte para protexerte dos desmans da empresa e coidar o teu posto de trabalo e as túas condicións laborais: sindigalízate.

1 comentário:

Anónimo disse...

Con esta noticia xa están preparandolle o finiquito ó publicista