Caixa Galicia contratou este ano 50 persoas de reforzo para realizar as “PAC”, axudas á Política Agrícola Común; noutros anos as contratacións chegaron a ser preto das 150.
Hai oficinas, nomeadamente no rural, que teñen asignadas máis de 450 PAC’s, co traballo que isto require.
A empresa pretende que sexa o persoal das oficinas quen asuma esta nova carga de traballo, para o que puxo en marcha cursos de formación fóra da xornada laboral.
Nalgunha das Territoriais chegamos a tal grao do absurdo, que algunhas persoas que non asistiron a eses cursos fóra da xornada laboral, tiveron que aturar chamadas dos coordinadores nun ton ameazante; nalgún caso chegaron a dicirlle a un compañeiro "¿A ti te gusta jugar con el puesto de trabajo?". Que saiban estes individuos que as horas extras son voluntarias e hai que pagalas, non teñen nin sequera dereito a preguntarnos por que non fomos.
Se a empresa non pon coto aos atropelos dos “tralleiros”, a CIG non terá ningún problema en dar a contestación precisa. A Paz Laboral a rachan cada día estes elementos que, amparados pola Dirección, aproveitan o seu cargo para ameazar aos compañeiros e compañeiras.
Por outra banda, cabe lembrar que o Ministerio de Traballo, en contestación a consulta realizada pola CIG, considerou que os postos do portelo de Caixa son PVD (Pantalla de visualización de datos); polo tanto, antes de asignar novas funcións a este persoal, deberían realizar unha avaliación da carga mental de cada posto, algo que, saltándose a lexislación, Caixa Galicia non fixo.
Dende que coñecemos que sería o persoal da rede comercial quen asumiría a maior parte da carga de traballo que supón a PAC, vimos solicitando da Dirección unha maior dotación de persoal na liña dos anos anteriores.

A pelota está no seu aleiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário