Polo acordo asinado entre a CIG e Caixa Galicia no Ministerio de Traballo e Seguridade Social, este ano corresponde a actualización dos complementos internos na mesma contía prevista para os salarios no Convenio Colectivo.
Complementos que se actualizarán co IPC.
-Salario Mínimo Garantido.
-CPAR (rede comercial) e CPAS (servizos centrais). Complementos que aparecen na nómina coa clave C-322, C-323, C-324 e C-339.
-O CPAS actualizarase nun importe adicional igual ao 33% da diferenza entre o CPAR e o CPAS actualizado.
Carreira Profesional Acelerada.
-No mesmo acordo regúlase que por cada tres anos de cumprimento de obxectivos ou cinco alternos, descontarase (acurtarase) un ano para a promoción por experiencia.
Para máis información non dubidedes en contactar cos delegados/as da CIG ou, se o preferides, podedes consultar o acordo asinado entre a CIG e Caixa Galicia .
Sem comentários:
Enviar um comentário