Hoxe asinaron novamente o Convenio Colectivo das Caixas de Aforros 2007-2010, o mesmo texto que foi anulado pola Audiencia Nacional no mes de outubro, un acordo que nace anticuado ante a situación económica e financeira actual.
O acordo foi subscrito pola coalición CCOO e CSICA, que teñen un 50,30% de representación no sector. CIG, UGT e CIC (que estivo por primeira vez presente na Mesa Negociadora) rexeitaron asinar o Acordo.
O Convenio 2007-2010 asinouse nun momento expansivo, debatíase daquela a ampliación dos horarios de apertura das oficinas; hoxe o debate é o peche masivo de oficinas no sector financeiro, sen ir máis lonxe, La Caixa anunciou que pechará 250 oficinas durante este ano.
Dende a CIG pensamos que a anulación do Convenio abría unha oportunidade para establecer garantías en materia de emprego ante o peche de oficinas, as posibles fusións e ante posibles dificultades nalgunhas Entidades. Neste senso o Convenio debía anticiparse aos posibles problemas que viviremos no sector.
Pero dende o ano 2007 tamén houbo avances sindicais, o atraco foi recoñecido como risco laboral e o Ministerio de Traballo definiu os postos do portelo de caixa como PVD (Pantalla Visualización de Datos). O texto renacido non contempla estes avances en materia de prevención de riscos laborais.
Por último é obrigado facer unha referencia á suba salarial: o Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo público o IPC do ano 2008, que finalmente pechou no 1,4%. A suba salarial prevista no convenio está vinculada a este indicador.
Ao longo de 2008 as oscilacións do IPC foron significativas, pasando da porcentaxe máis alta no mes de xullo, un 5,3%, a finalmente un 1,4%. Durante meses tivemos que facer fronte a gastos extraordinarios que logo non foron reflectidos nin compensados no resultado final do IPC.
Se valoramos o IPC de todos os meses do pasado ano e tomamos o dato medio o resultado sería do 4,1%, a inflación neta do ano pasado.
Deste xeito a suba salarial prevista non garante o mantemento do poder adquisitivo, os nosos salarios perderán un 2,7%. Análise avalada por economistas das Universidades galegas. ¿Está garantido o poder adquisitivo pola suba salarial pactada no noso Convenio Colectivo?, evidentemente non.
O culebrón da negociación do convenio rematou, pero sen dar resposta aos retos actuais e cunha perda de poder adquisitivo para o persoal.

1 comentário:
INMELLORABLE CONVENIO PARA OS SINDICATOS AMARELOS. CSICA E COCOROTOS. ¿TODAVIA QUEDA ALGUEN QUE LLES PODA FACER CASO?
Enviar um comentário