A policía abre camiño e o Director Xeral avanza sorrinte
Malia a longa espera os delegados/as non perderon o sorriso
Concentración no local da Caixa en Policarpo Sanz en Vigo
Un afiliado da CIG denunciou un gravísimo caso de acoso laboral contra Caixa Galicia e contra o Director Provincial da empresa en Pontevedra. O sindicato mobilizouse para esixir que se abra unha investigación interna e para esixir xustiza e unha reparación para este traballador e a súa familia.
O pasado día 8 de xaneiro tivo lugar a Mediación previa pola Demanda de acoso laboral presentada por un traballador de Caixa Galicia de Pontevedra contra Caixa Galicia e contra o Director Territorial. A mediación foi “Sen avinza” polo que será a Xustiza quen teña a última palabra.
O traballador ten unha incapacidade do 65% debido as lesión provocadas polo acoso laboral ao que foi sometido, sempre segundo a Seguridade Social e un equipo forense da Universidade de Compostela.
Ten 40 anos e dous fillos, a súa muller tivo que deixar o traballo para dedicarse ao seu coidado, e a mingua de ingresos fai que hoxe non poda facer fronte aos préstamos da Caixa e que se vexan ameazados por un posible embargo.
Dende a Sección Sindical da CIG denuncian que “foi sometido a un presunto acoso que ten como resultado unha gravísima enfermidade, e agora pódese ver embargado e a súa familia quedar na rúa: unha tremenda inxustiza”.
O traballador tiña un expediente sen tacha, foi fichado de outra Entidade na que era Director, exerceu diversos cargos de responsabilidade, e sempre cobraba os complementos por produtividade establecidos en base ao cumprimento dos obxectivos comerciais.
Malia a gravidade dos feitos, a Dirección de Caixa Galicia non abriu ningunha investigación interna e mantén no seu posto ao suposto acosador. Ademais, o día 21 de xaneiro o mesmísimo Director Xeral compareceu publicamente co presunto nun acto co persoal de Pontevedra, unha conduta que a CIG xulga como irreflexiva xa que pode ser interpretada como un apoio público ao suposto acosador.
Ante o deterioro evidente das relacións laborais en Caixa Galicia, do que para a CIG “este caso é un sangrante exemplo”, o sindicato convocou unha concentración en Vigo diante da reunión convocada pola empresa fóra da xornada laboral.
Dende a Sección Sindical din “que os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia non poden quedar impasibles ante a gravísima situación pola que pasa este compañeiro e a súa familia. E esixen que a empresa debe deixar claro que non admite o acoso laboral como código de actuación por parte dos seus Directivos, e que a presión comercial e o desprezo cara ao persoal deben cesar de inmediato”.
Anuncian que “o conflito non fixo máis que comezar, xa que non cesarán na loita para esixir xustiza e unha xusta reparación para o seu compañeiro e a súa familia”.
A modo de anécdota, hai que destacar que a reunión prevista para esta tarde comezou con atraso, xa que, fronte á pacífica concentración dos traballadores e traballadoras, a entrada do Director Xeral fíxose agardar ata que chegaron dúas dotacións de policía antidisturbios que abriron un corredor entre as persoas alí concentradas, polo que Jose Luís Méndez entrou rodeado dunha sonora protesta.

1 comentário:
Hoxe o xuíz Garzón detivo a Pablo Crespo por formar parte dunha rede de corrupción, ex-traballador da Caixa asiste ano tras anos a cea que organiza o Clube Caixa en Pontevedra. Quen o convida...pensa mal e acertaras.
Pd. Dime con quen andas...
Enviar um comentário