A CIG está convocada, o vindeiro 8 de xaneiro, á Constitución en Madrid da nova Comisión Negociadora do Convenio, despois de que, tal e como anunciamos en anteriores comunicados, a Audiencia Nacional anulara o Convenio Colectivo para as Caixas de Aforros 2007-2010.
Esta convocatoria, recibida hoxe día 29 de decembro, foi remitida por CCOO e CSICA, instando a constitución da nova Comisión Negociadora do Convenio na devandita data.
Dende a CIG consideramos que un posible recurso xudicial alongaríase no tempo, co que iso supón de inestabilidade para os traballadoras e traballadores do sector, pero tamén para as empresas nun momento de crise económica e financeira.
Polo tanto esta nova convocatoria é a saída lóxica, constituír unha nova mesa negociadora coas partes lexitimadas para negociar, co fin de dar unha saída urxente a unha situación sen precedentes no sector das Caixas de Aforros.
Tamén queremos deixar clara a nosa oposición ao texto asinado no seu día; só a chegada da crise económica paralizou os planes de apertura de oficinas todas as tardes e os sábados pola mañá.
E, se para xustificar aquel acordo hai que recorrer á crise actual, está claro que era un mal Convenio, por moito que outros pretendan “facer da necesidade virtude”, alegando que garantía o IPC no momento da crise. Argumento que, por certo, hipoteca de inicio a nova negociación que se abrirá no vindeiro mes de xaneiro.
En definitiva: estamos sen Convenio, comeza de novo a negociación.

3 comentários:
se va organizar algo en la Coruña
Algo de qué?
SAÚDE E SORTE NO 2009 PRA TODOS OS CIGUEIROS/AS.
Enviar um comentário