Un traballador da Caixa Galicia, afiliado a CIG, presentou unha demanda contra a empresa e contra o Director Territorial de Pontevedra por tutela de dereitos fundamentais por acoso moral e por danos e prexuízos.
Este suposto caso de acoso moral do que foi víctima un traballador da Caixa Galicia, foi posto en coñecemento da Dirección en numerosas ocasións, sen que en ningún momento se abrira ningún tipo de investigación, nin de expediente, mantendo no cargo ao suposto acosador.
O compañeiro atopase en situación de xubilación por incapacidade permanente absoluta (con só 40 anos de idade) e os informes médicos e forenses establecen que a causa da súa grave e delicada situación de saúde é o acoso moral ao que supostamente foi sometido polo Director Territorial de Pontevedra.
Ex-director de oficina o compañeiro está casado e ten dous fillos. El e a súa familia sofren inxustamente día a día as consecuencias desta gravísima situación.
Coñecemos as repercusións públicas que un caso de este tipo podan ter para a imaxe da Caixa Galicia. En todo caso é responsabilidade da dirección, xa que insistimos que estes feitos foron denunciados en reiteradas ocasións pola CIG ante altas instancias da empresa.
Caixa Galicia en ningún momento atendeu as nosas denuncias internas, non apartou do seu cargo ao supostos acosador, nin abriu expediente de investigacións sobre os feitos. Agora terá que facer fronte a súa responsabilidade xudicial por encubrir e consentir un posible gravísimo caso de acoso laboral.

3 comentários:
moitos animos para o compañeiro e a sua familia,stamos convosco
¿¿¿Para cando información sobre os cambios de clasificación en servizos centrais ou APS???
Si queres información sobre os cambios de clasificación en Servizos Centrais ou APS podes vela no seguinte enderezo electrónico:
http://documents.scribd.com/docs/1zuxhkpfnzjuzlblsd4p.pdf
Enviar um comentário