Durante anos denunciamos que o sistema de organización do traballo implantado por Caixa Galicia a partir do ano 2006, a base de presión e abafar comercialmente ao persoal, creaban o caldo de cultivo idóneo para que se deran casos de acoso laboral.
Foron numerosas as denuncias ante a dirección polos "excesos de celo" de determinados responsables de Caixa Galicia. En ningún caso se adoptaron medidas, amparando unha e outra vez este tipo de actuacións, dando a imaxe de que todo vale para cumprir os obxectivos comerciais.
E daquelas augas veñen estes lodos: o vindeiro día 8 de xaneiro terá lugar o acto de mediación no SMAC (Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación) da Xunta de Galicia, paso previo á presentación dunha demanda xudicial por parte dun compañeiro contra Caixa Galicia e contra o Director Territorial de Pontevedra, por vulneración de dereitos fundamentais e acoso laboral.
Ante a gravidade destes feitos, pensamos que a Dirección de Caixa Galicia tomaría algún tipo de medida preventiva despois de coñecer a presentación da denuncia, polo que preferimos agardar durante uns días.

Non é a primeira vez que este directivo é acusado por abuso de poder, anteriormente ostentou o mesmo posto na Territorial de León e daquela a empresa abriulle un expedente informativo pola súa actuación naquela provincia.
Pero dado que a Dirección optou agora por dar a calada por resposta, pedimos o cese “cautelar” do Director Territorial de Pontevedra: unha persoa acusada de feitos tan graves non pode continuar no seu posto con 300 persoas ao seu cargo.
Sem comentários:
Enviar um comentário