28.9.07

Erros na nota de CCOO sobre as Oposicións

Non nos gusta ter que rectificar a nota publicada por outro sindicato, pero ante as numerosas consultas de traballadores e traballadoras, e dado que a nota de CCOO está errada, non nos queda máis remedio que facelo. Son cousas que pasan cando se toca de oído.

Na súa nota, eses compañeiros afirmaban que ás Oposicións de Ascenso só poderían presentarse as persoas con nivel XIII, XII e XI o cal é totalmente falso. Se fose así sería claramente discriminatorio para o persoal con nivel X, IX e VIII que non podería presentarse a estas Oposicións.

Segundo a comunicación que nos remite RRHH, a estas Oposicións de Ascenso pode presentarse todo o mundo que ostente categoría inferior á das prazas convocadas, que teña a condición de fixo de persoal na data que se realicen as probas e que estea en situación de prestación efectiva de traballo. Como é lóxico.

Por último dicir que as nosas propostas en materia de Oposicións foron feitas públicas en comunicados de data 1 de marzo, 30 de abril e 2 de setembro. Estas notas poden comprobarse no arquivo de noticias das oposicions de ascenso.

Neste caso todo o mundo sabe o que propuña CIG, o que non sabemos é que propuña o resto (se é que tiñan algunha proposta).

Como o persoal da Caixa Galicia non é tonto como parecen pensar algúns, que cada quen compare e valore o “parecido razoable” entre a proposta da CIG (única coñecida) e o acordo aprobado na Comisión Delegada do Consello de Administración.

3 comentários:

Anónimo disse...

Que non deixen "tocar" a o xordo, que desafina que vota medo.

O malo e que ven desafinando toda a "banda" dende xa fai moito tempo.

Que se vendan a empresa por catro migallas e vos deixen traballar a os que o facedes de verdade.

Anónimo disse...

Nunca contestais a las descalificaciones que os lanza otro sindicato de la caja, pienso que si empezais a hacerlo cometeis un error. Tambien reconozco que esta vez teneis motivos.

Seguir como hasta ahora. Para basura y crispación está el PP y en la caja el sindicato que todos sabemos. No caigais en la provocación.

Pd. Es cierto que la huelga es el 2 de noviembre?

Anónimo disse...

Totalmente de acordo con talentum pero desta vez entendo que tiverades que contestarlles porque co seu afán de protagonistas estaban enganarnos aos curritos e por aí non se pode pasar.

Ánimo CIG e moitas gracias.