29.9.07

Nova aclaración á aclaración enviada por CCOO (ten novos erros)

Aínda que pareza unha broma de mal gusto non o é, e temos que saír de novo ao paso da aclaración enviada por CCOO, xa que contén novas inexactitudes (interpretamos que por descoñecemento).

Primeiro: Indicar que o Convenio Colectivo non establece os niveis que poden participar nas Oposicións, polo tanto non están restrinxidas para os niveis X, XI, XII como afirma CCOO na súa nota de rectificación.

De ser así, o Convenio sería discriminatorio para o persoal do resto dos niveis. Reiteramos que pode presentarse calquera persoa con nivel inferior ao da convocatoria.

Aclarado este punto queda claro que quen tan encarnizadamente defende o Convenio, descoñece claramente o seu contido.

Segundo: O único requisito que establece o Convenio está recollido no artigo 26.2 que di textualmente: “Ás convocatorias destas oposicións poderán concorrer todos os empregados fixos con, polo menos, dous anos de antigüidade na entidade”.

Este requisito témolo mellorado en Caixa Galicia dende hai anos (non só nesta convocatoria como se pode pensar pola nota de CCOO). Aquí xa en anteriores convocatorias puido participar calquera persoa que fora fixa no momento de celebrarse a Oposición.

Terceiro: As anteriores oposicións foron convocadas pola Caixa en cumprimento dos Convenios Colectivos vixentes en cada momento. Se o número de prazas que se convocaban eran insuficientes, será responsabilidade de quen firmou os anteriores Convenios.

En ningún caso, polo tanto, foi responsabilidade da CIG, quen levou adiante en solitario unha campaña de mobilizacións e xuízos para conseguir unha carreira profesional para o persoal coas antigas categorías de auxiliar e oficial segunda. Campaña que obrigou a modificar o Convenio.
Desta volta a CIG propuxo 60 prazas, un 50% para nivel VII e a Caixa convoca 60 prazas e chega ata o nivel VII (ainda que só cun 25% das prazas).

Cuarto: Para evitar novos malos entendidos temos solicitado da empresa que saque unha nota informativa no portal que impida novos despropósitos que só contribúen a causar confusións e dubidas sobre esta convocatoria.

Galiza, 28 de setembro de 2007

3 comentários:

Nivel VIII: Presentable; CCOO Impresentables disse...

Tengo nivel VIII y me puedo presentar a las Oposiciones, diga lo que diga CCOO.

Yo soy presentable (me puedo presentar) ellos son impresentables.

Se les ha visto el plumero.

O ESPASA disse...

CoColoco: dícese do que nace tonto, vive facendo tonterías, e mOrre sen aprender. Cousas dOs xenes.

Anónimo disse...

¿¿los que tenemos contrato de relevo indefinido podemos presentarnos??