26.9.07

Estaban de acordo en abrir todas as tardes

Hoxe coñecemos que, ao longo dos últimos meses, viuse dando un proceso de negociación por fóra da mesa entre a patronal e o resto de sindicatos que forman parte da Mesa de Negociación, que tiña como obxectivo a apertura das oficinas das caixas de aforro todos os días pola tarde.

Mentres eses sindicatos presentaban de cara á galería unha proposta conxunta de convenio (excluíndo loxicamente á CIG) na que non figuraba a apertura das oficinas todas as tardes, aceptaban a proposta da patronal e incluso taxaron a porcentaxe de oficinas que permitirían que abriran polas tardes.

A actual situación de incerteza que vivimos no sistema financeiro derivada das crises das hipotecas en EEUU e Gran Bretaña chama á cautela, tamén no que respecta ás políticas laborais. Ante este novo escenario económico as caixas propoñen un novo escenario de negociación abandonando a pretensión de desregulación horaria.

Dende a CIG, tal e como dixemos na mesa, queremos deixar claro que estamos orgullosos de que a patronal das caixas de aforros e o resto da representación sindical tiveran claro que non podían contar con nós para a apertura das oficinas polas tardes, que nun principio afectaría ás caixas de aforro pero que abriría unha porta para todo o sector financeiro.

Tamén insistimos en que aínda non compartimos o actual marco de negociación e apostamos claramente por un convenio galego, respectamos e esiximos respecto para a Mesa legalmente constituída para negociar o convenio colectivo e dende esa perspectiva, solicitamos da patronal que na seguinte reunión faga, por primeira vez, unha proposta completa de convenio na Mesa de Negociación.

Dada toda esta situación, entendemos que a curto prazo poderíamos asistir á sinatura de un convenio de trámite con moi escaso contido.

Aquí podes consultar o que dixemos no seu día sobre a apertura das oficinas polo serán, a nosa posición non mudou.

12 comentários:

Son tonto pero nunca de CCOO-UXT disse...

E logo virán dicindo que firmarán un gran convenio e que as Folgas son tonterías.

Compañeiros da CIG, eiquí tendes un tonto para acompañarvos.

FORZA E FOLGA

Anónimo disse...

Mentras a CIG preparaba unha folga para contestar a política laboral imposta por Mendez, CCOO-UGT-CSICA negociaban abrir todas as tardes plegandose aos desexos de Mendez. Ele sus huevos!!!

Pd. Por si Mendez non tivera bastantes "voceiros" agora ten CCOORREVEIDILES. (Digo polo comunicado que hoxe enviou algun "sindicato" vendendo como si fose a ostia un suposto correo do Director Xeral aos altos directivos).

Tenemos derecho a saber disse...

Resulta increible, como pueden justificarlo? Puede que las Cajas ofrecieran el oro y el moro por abrir por la tarde y que hubiese sindicatos que pensaban que era negociable.

Lo que no entiendo es que no tuvieran la honestidad de hacerlo público.

Anónimo disse...

Sin palabras, sinverguenzas.

Vaya cara dura que tienen, por delante: No negociaremos!!

Por atras: Negociemos!!

Piensan de los empleados lo mismo que piensan los Directores Generales: estamos para trabajar y callar, nuestra opinión no cuenta.

Accoojonado disse...

Increible, pero con visos de ser cierto. Un delegado de CCOO visito nuestra oficina y dijo que la huelga de la CIG podía reventar una acuerdo que tenian avanzado de convenio.

Le preguntamos por el tema de las tardes y dijo que no había nada, pero que era mejor regularlo a que cada caja abriese como quisiera.

En la oficina comentamos que lo de las tardes no nos olió nada bien.

Menos mal que las cajas ya no quieren por que si no...

Salud compañeros.

Anónimo disse...

como siempre, cada uno dice lo que más le conviene para hacerse publicidad. No soy afiliado a ningún sindicato, porque no confío en ellos, pero tengo muy claro que la Cig tampoco tiene razón. Sobre todo porque apoya un convenio a nivel gallego tan sólo. ¿Qué pasa con los que están fuera?. No vayamos de santos por que no lo somos.

Administrador disse...

COMENTARIO BORRADO:

TEMOS BORRADO UN COMENTARIO POR SER OFENSIVO PARA PERSOAS QUE XA ESTAN XUBILADAS.

LEMBRAR QUE OS ÚNICOS COMENTARIOS QUE NON ADMITIMOS SON OS QUE CONTEÑAN OFENSAS PERSOAIS CONTRA OUTROS COMPAÑEIROS DA CAIXA GALICIA.

Galego de convenio, corazón e mente disse...

Para anónimo: A CIG non esconde que reivindica un Convenio Galego. Estarás de acordo con el ou non, pero é o seu obxectivo.

O grave é esconder a xente o que estas negociando ou o que defendes.

Si a CIG negocia prexubilacions, ben pola CIG. En canto a FOLGA mais vale que cales a boca...si non xa o veras

Fui a vuestra página no pude opinar disse...

Anónimo: en la Caja hay dos opciones, o cres en la Dirección que nos presiona hasta la extenuación cada día que pasa haciendonos la vida imposible para conseguir objetivos estupidos fruto de una mas que pésima gestión o confias (con "n") en quien dá la cara por los trabajadores: el sindicato, el único apoyo que tenemos.

Hace años (no muchos) CCOO firmó con CSICA un preacuerdo para abrir por las tardes un 10% de las oficinas. No fué adelante, por que no quisieron algunas cajas. Por qué ahora va a ser mentira, desde luego no sería la primera vez ( ni creo que la última).

Tu creeras en la caja y en ccoo, yo no. La diferencia es que la CIG nos permite opinar a todos aquí.En la página de CCOO no admitis comentarios.

Anónimo disse...

O horario é o mellor que nos queda dos dereitos que tivemos durante anos e que as Caixas liquidaron pouco a poucos.

Hai que defendelo con uñas e dentes, nin horas extras de balde, nin abrir polas tardes.

Los jueves: al sol!!! disse...

No queremos trabajar por las tardes, que ningún sindicato firme nada. Y si alguien firma que desaparezca por la fuerza de la democracia.

Anónimo disse...

que curren por las tardes los que firmen, que nos dejen vivir a los demas.
Esperamos esa folga, no nos falleis amigos.