6.2.07

Aclaración ás declaracións do Director Xeral: A CIG non negociará abrir polo serán

Segundo recollen varios medios de comunicación o pasado día 6 de Febreiro o Director Xeral de Caixa Galicia, nunha rolda de prensa convocada para presentar os resultados do exercicio correspondente ao ano 2006, anunciou a intención de negociar coa representación sindical a apertura de determinadas oficinas todos os días polo serán, dende a CIG queremos deixar clara a nosa rotunda oposición a esta medida.
.
O Director Xeral coas súas declaración da mostras de estar totalmente fora da realidade laboral que se vive hoxe na Caixa Galicia, dende fai un ano a empresa está atravesando por un conflito laboral motivado pola posta en marcha dun novo modelo organizativo propio do pior dos Bancos. Jose Luis Méndez está restructurando a empresa co fin de privatizala coa saída a bolsa das cotas participativas.
.
Dende a Confederación Intersindical Galega, sindicato maioritario nesta empresa na Galiza cunha representatividade do 48%, vimos realizado mobilizacións sindicais dende o mes de Xuño do 2006, con concentracións en Compostela, Lugo, Pontevedra e multitudinarias Asembleas de Traballadores/as en Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Compostela, Ferrol e a Coruña.
.
A última protesta laboral tivo lugar o pasado día 20 de Xaneiro cando a CIG e CCOO concentrámonos ante a Convención Anual de Directores/as de Caixa Galicia para denunciar a presión e o acoso laboral a que está sometido o cadro de persoal.
.
Parte da presión ten como obxectivo que o persoal estenda ilegalmente a súa xornada laboral polo serán, feito que dende a CIG temos denunciado en numerosas ocasións ante as Inspección de Traballo, aínda onte presentouse a última denuncia.
.
Pretender empeorar as condicións laborais do persoal da Caixa Galicia, como anunciou o Director Xeral, solo pode supoñer dar un salto cualitativo no conflito laboral que arrastramos dende fai un ano.
.
Neste senso dende a Confederación Intersindical Galega anunciamos que non negociaremos a extensión do horario na Caixa Galicia e que en todo caso non desbotamos a convocatoria dunha Folga na empresa ante a difícil situación que está a vivir o cadro de persoal baixo a Dirección de Jose Luis Méndez López.

4 comentários:

Atardecer disse...

No nos defraudeis que para eso ya estan otros.

Por las tardes que trabajen los hijos de Mendez, que suden la camiseta como hacemos todos, para eso cobran lo que cobran por el morro.

Anónimo disse...

Tiñades que ver o abrigo rosa que se botou o xefe. Jojojo

un que está ate as pelotas dixo: disse...

Está claro que a "Empresa Méndez, SA" fixo unha declaración de guerra contra o seu cadro de persoal. Eu son empregado de Caixagalicia e non me importa ir a loita, é mais o estou desexando, para demostrarlle a este descerebrado que xa lle chegou a hora da sua marcha. ¿Porqué a Xunta que o verdadeiro "patrón" non procede ó seu cese?

Uno disse...

Vale tenemos claro lo que decis pero, ¿sabeis que pasa con CCOO? no han sacado nada sobre este tema, ¿están negociando?, ¿no había unión?, ¿puede la Caja decidir ese horario?

Son muchas preguntas, pero es lo que nos faltaba.

Un abrazo compañeros y adelante.