12.2.07

É posible un Plano de Prexubilacións ligado ás xubilacións a tempo parcial

O pasado día 21 de decembro do 2006 o Consello de Administración aprobou continuar co proceso de xubilacións anticipadas a tempo parcial, empeorando as condicións acordadas anteriormente coa CIG no relativo aos contratos de relevo.

Os resultados da empresa e os ingresos atípicos por cada xubilación anticipada permitirían, cun custe mais que asumible por parte da Caixa, levar adiante un proceso de prexubilacións para os maiores de 58 anos, ampliable dende logo para outras idades.

A propia empresa recoñece que co sistema aprobado aforra 12.000 euros ao ano por traballador/a, cos nosos números estimamos que o aforro é maior, pero para este suposto imos aceptar os 12.000 euros recoñecidos pola empresa.

Expoñemos un exemplo considerando que a Caixa pagase un 85% do salario aos prexubilados maiores de 58 anos:

Suposto do custe para a Caixa dunha prexubilación con 58 anos

Custe medio por traballador/a............................... 48.000 euros
Salario a pagar pola Caixa 85%.............................. 40.800 euros
Custe salarial 2 anos (ata os 60 anos).......................81.600 euros
Aforro anual xubilación anticipada..........................12.000 euros
Total aforro 5 anos (ata os 65 anos).......................60.000 euros
Custe total por prexubilado/aos 58 anos................21.600 euros

Estes dados son medios e polo tanto poden ter unha variación que en todo caso sería mínima. Tamén é certo que inicialmente a Caixa debe dotar o total do custe das prexubilacións, mentres que o aforro pola xubilación anticipada é diferido. Pensamos que os históricos resultados da empresa, 357 millóns de euros de beneficios, permitirían afrontar este proceso.
l
Dende a CIG entendemos que as xubilacións anticipadas a tempo parcial deben ir ligadas a un Plano de Emprego (non podemos cambiar traballadores/as fixos por temporalidade) e a un proceso de prexubilacións. Así llo temos plantexado a empresa, polo que consideramos precipitado asinar o acordo de xubilacións anticipadas tal e como o aprobou o Consello de Administración.

Sem comentários: