29.5.07

Convenio Estatal: Carreira Profesional e mobilidade funcional


O día 29 de maio tivo lugar a reunión prevista da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Caixas de Aforros na que estaba previsto abordar a materia relacionada coa Carreira profesional. Por parte da CIG incidimos tamén en medidas que teñen como fin limitar e un dos puntos máis lesivos do anterior Convenio: a Mobilidade funcional.


Cabe lembrar que pola mobilidade funcional a empresa pode impoñernos novas funcións sen que iso implique un ascenso de categoría ou nun incremento do salario, o que se traduce en que ninguén teña claro as súas funcións e nunha maior carga de traballo.


Carreira Profesional:


  1. Alongar a carreira profesional do persoal administrativo ata o nivel VI (antigo Oficial Superior).

  2. Eliminación do nivel XIII: é un nivel discriminatorio que abarata as contratacións temporais.

  3. Calquera posto de apoderado/a ou con responsabilidade en calquera departamento ou oficina terá como mínimo nivel V, a consolidar en 2 anos.

  4. Cando un traballador ou traballadora con contrato temporal sexa nomeado/a para un posto de responsabilidade, o contrato transformarase automaticamente en indefinido.


Mobilidade Funcional:


  1. Creación dun catálogo de postos definindo as funcións de cada posto e o nivel salarial correspondente. Calquera posto de nova creación non recollido no catálogo profesional deberá ser negociado coa representación sindical.

  2. Incluír ao persoal das Obras Sociais no Grupo profesional II.

  3. Propoñemos tamén dividir o Grupo profesional I en dous subgrupos:
  • Grupo Técnico: do nivel I ao V.

  • Grupo Administrativos: do nivel XII a nivel VI.


Por parte das Caixas argumentan que a carreira profesional foi revisada no anterior convenio, polo que non é o momento de revisala. No referido a mobilidade funcional as empresas din que aínda está en rodaxe polo que non están dispostos a limitala.


A UGT apoiou a nosa petición para incluír ao persoal da Obra Social no Convenio regularizando a situación deste colectivo, reivindicación que non foi apoiada polos outros sindicatos.


A próxima reunión quedou fixada para o día 18 de xuño na que se tratará Igualdade.


Galiza, 29 de maio de 2007

4 comentários:

Anónimo disse...

QUE MAGUA QUE XA ESTÉ TODO AMAÑADO POR DETRAS ENTRE COCOS, OXETES E PATRÓNS.
UNHA PERDA DE TEMPO.

Anónimo disse...

Se foran todos a tomar polo cu, mellor nos iria

Anónimo disse...

Creo que sois un poco injustos con CCOO, ellos están buscando lo mejor para todos.

Para todos los H. de P. que los compran con viajes, pasta, horas y mucha vaselina perfumada para cuando los enculan a diario.

Lo dicho un apoyo (o una poya) a CCOO.

Anónimo disse...

Estoy indignado con que os metais todo el rato con Concesiones Obreras y Ogetes. ¿Que pasa que los demás sindicatos nunca hacemos cabronadas?

Un respeto y meternos caña como a todo el mundo.