4.6.07

Caixa Galicia e o medio ambente: o raposo ao coidado do galiñeiro


Primeiro foi o papelon de Caixa Galicia coa toma de posición no capital de Ence, a propietaria da deostada Celulosa de Pontevedra. Unha decisión que situou a Caixa Galicia na diana dos grupos ecoloxistas e da cidadanía de Pontevedra descontenta con esta empresa contaminante.

Despois a Caixa dirixida pola familia Méndez entrou cun 10% no capital de Reganosa, a gasificadora situada en plena ría do Ferrol e que está a levantar un muro de indignación na cidadanía desta cidade.

Para lavar a súa imaxe Caixa Galicia ten en marcha o Fondo Natural da Obra Social, polo que pretende adquirir zonas de especial interese ecolóxico ou paisaxístico de Galiza, co fin de “preservalas” para as vindeiras xeracións. Instalaran minicelulosas ou minigasificadoras neses terreos?. O raposo ao coidado das galiñas.

Dende a Sección Sindical da CIG queremos amosar a nosa solidariedade con todos aqueles e aquelas que dende o primeiro día reivindican o traslado da Celulosa de Pontevedra e o traslado de Reganosa fora da ría de Ferrol. E sumamos a nosa voz a esixir a inmediata liberdade do Patrón Maior da Cofradía do Ferrol Bernardo Bastida.

3 comentários:

Kioto disse...

Raro era que Caixa Galicia non andivera polo medio.

un galego disse...

Non se entende que en todos os seus eidos de actuación, a súa postura é de ir contra Galiza e as súas xentes.

Verdadeiramente HIPÓCRITA a súa política en medio ambiente. Para lavar a cara de Reganosa merca a Illa de Sálvora.

Ou mercaron Sálvora para xustificar unha nova desfeita medio ambiental??

Non tragamos

VAIANSE DA GALIZA FAMILIA MÉNDEZ, que xa o fixo Fraga.

¿que pasa? disse...

Quero unha páxina de suxerencias independente dos comentarios ós artigos.