6.6.07

Banco Mundial vs. Caixa Galicia


A Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia denuncia o nepotismo na xestión do equipo Directivo desta Caixa de Aforros, así como a falta de control sobre a xestión por parte do goberno da Xunta de Galiza, nomeadamente por parte da Consellaría de Economía.


O escándalo protagonizado polo presidente do Banco Mundial, Paul Wolfovich, despois de que ascendese a unha traballadora coa que mantiña unha relación sentimental, ten provocado a súa caída. Pola contra en Caixa Galicia a Consellaría de Economía e o bipartito que goberna a Xunta de Galiza mira para outro lado. O mesmo sucede con outras administracións públicas presentes nos órganos de goberno da Entidade.


Hoxe por hoxe as Caixas de Aforros aínda son empresas baixo control público, cunha forte presenza das administracións públicas nos órganos de goberno. Corresponde á Xunta de Galiza o seu control, as Caixas de Aforros son unha das poucas competencias exclusivas establecidas no Estatuto de Autonomía de Galiza.


O que está pasando en Caixa Galicia sorprende pois, tanto polo silencio administrativo, como polo silencio mediático, así como polas complicidades políticas.


O xerente de Caixa Galicia, José Luís Méndez López ten colocado aos seus fillos na empresa, ocupando directamente postos de alta dirección. O caso máis grave é o de José Luís Méndez Pascual que ocupa o cargo de conselleiro delegado na Corporación Caixa Galicia, CXG.


Caixa Galicia ten externalizado parte dos activos da empresa, en concreto os recursos propios investidos en terceiras empresas a través desta Corporación. É dicir, o fillo de Méndez decide a política de investimentos á marxe dos órganos de goberno de Caixa Galicia, xa que CXG posúe órganos de goberno propios. Derivado destes investimentos a Caixa ten representantes nos Consellos de Administración de empresas tanto cotizadas en bolsa como non cotizadas.


José Luís “fillo”, representa a Caixa Galicia no Consello de Administración de empresas participadas, as retribucións que se perciben por participar nestes Consellos parece ser que forman parte do seu salario. Subliñar que os Estatutos doutras Caixas de Aforros obrigan a ingresar na respectiva Caixa este tipo de ingresos. As participacións empresarias son da Caixa e polo tanto os ingresos tamén.


Por outra parte, no mes de xaneiro e marzo a empresa abonou unha retribución variable, un complemento salarial opaco, en todo caso é a primeira vez que Caixa Galicia crea un complemento salarial sen pactalo previamente coa representación sindical.


O Consello de Administración aprobou o monto total destinado a este complemento, pero ninguén coñece canto cobraron os fillos de Méndez por este concepto nin quen aprobou a contía a abonar.


José Luís Méndez López meteu aos seus fillos na Caixa, ascendeunos ata ocupar os máis altos postos directivos, reciben un salario por ser empregados, reciben ingresos por representar á Caixa nos Consellos de Administración de outras empresas e reciben suculentas e opacas retribucións variables. Semella moito máis do que fixo Paul Wolfovich no Banco Mundial, pero en Galiza os anos de “Fraguismo” semellan ter vacinado á sociedade fronte ao nepotismo.


Vai sendo hora de que a Xunta de Galiza, en concreto a Consellaría de Economía, exerza as competencias establecidas no Estatuto de Autonomía e controle de xeito efectivo a xestión das Caixas de Aforros Galegas. Escándalos deste tipo na maior Entidade financeira do país, nunha Caixa de Aforros, son inadmisibles nunha sociedade democrática en pleno século XXI.

13 comentários:

Un galego en Caixa Mendez disse...

Por fin alguén se atreve a decir a realidade sobre esta familia.

Non é nada novo nin é cousa de agora pero vai sendo hora de que alguén diga as cousas polo seu nome.

E esperemos que a Consellería ou quen sexa o poña no seu sitio, que a época Fraga xa rematou.

Como xa dixo outro:

VAIASE FAMILIA MENDEZ

un simpatizante dos ingratos: disse...

Teño entendido que por este artigo dende a secretaria xeral se nomeou a CIG sindicato non grato.
Para min todolos que lle fan o xogo a familia Bonanza son algo pior que non gratos. Son Chupa...chups e Lame...cullers.

Compañeiros forza e denunciar públicamente o reparto do pastel.

un do depor: disse...

Primeiro vai caer o Lendoiro e fillos e despois caerán M e fillos. escomenza a tremer que isto chega o seu fin

Anónimo disse...

Los politicos lo que menos quieren son problemas. Les pone el dinero que ellos quieren para sus proyectos. A Quintana una exposición y unas residencias o centros de día. A Touriño si hace falta le regala Salvora.
Los pelotea, los duerme con sus analisis económicos de pacotilla.

Le quedan 15 años, y despúes mandará desde la coorporación, le dejarán nombra a Junior Director General, ¿ apostamos?

Pepe disse...

De acuerdo con anonimo, aunque se olvidó de comentar que cuando los partidos políticos tienen problemas Jose Luis les condona las deudas. Recordar los 300 millones de pesetas condonados al PP. Los compra, como hace con todos.

Deberiais publicar esta nota en la Caja para que la vea todo el mundo.

Un saludo y ánimo.

PEPIÑO TULA disse...

Xa non era sin tempo que se lle pediran aclaracións por esas actuacións tan ...... digamos pouco claras.
Outros por menos están na rua.

Espermos que de as explicacions pertinentes

MENDEZ QUEREMOS (ser) UN FILLO TEU disse...

Non sei se a Caixa nombrou a CIG sindicato non grato, pero si houbera sido así seria o mellor aval ante os empregados.

Esos son os que pretenden darnos clases de ética: jajaja

ADELANTE COA FOLGA!!

Uno que fué de CCOO disse...

Las verdades ofenden.

CCOO ya entró por el aro, solo nos quedais vosotros, no nos defraudeis.

O medideiro: disse...

Cajina, parece que todo o mundo está dacordo en que se ten que tomar medidas.

FFFOOOOOOOLLLLLLLGGGGGGGAAAAA........

¿Parécevos unha boa medida?

uno...del monton disse...

El sábado darle caña compañeros, el Director es muy duro con nosotros, ser duros con el.

Teneis la suerte de poder contestarle, nosotros tenemos que callar y aguantar toda clase de improperios e insultos. Devolverselos todos juntos, pero con correción.

Lo que nos estan haciendo pasar no tiene nombre. Espero que alguien nos escuche y ponga fin a esto.

Yo no aguanto mas, el médico me ha dicho que coja una baja, pero no se, ni siquiera me atrevo por lo que haga mi Territorial.

Ya hablaremos

Talentoso disse...

A verdade é que Caixa Galicia desperdiciou un importante talento, o dos compañeiros que dirixen a Sección Sindical da CIG.

Seguide así campións!!

Anónimo disse...

esto es una empresa familar

Anónimo disse...

Contra o Depotismo e o nepotismo: sindicalismo. Arreadelle duro!!