28.5.07

FOLGA EN CAIXA GALICIA


Ao longo dos últimos dous anos asistimos a unha profunda transformación da Caixa de Aforros de Galicia, unha reconversión pola que a empresa está transformándose nun Banco comercial.

A cotío a Dirección está implantando unilateralmente medidas que afectan moi negativamente a todos e todas os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia. A presión laboral, o acoso comercial, os requirimentos de obxectivos comerciais leoninos, forman parte dunha estratexia empresarial con claras repercusións laborais, moi negativas para o cadro de persoal. Sen ir máis lonxe, 600 apoderados e apoderadas sufriron ceses ou traslados ao longo do último ano.

No ano 2006 dende a CIG puxemos en marcha un proceso de mobilizacións e asembleas que quedou paralizado no mes de xaneiro despois da apertura dunha mesa de negociación. Os avances nesa negociación foron practicamente nulos, en tanto a Dirección continuou implantando unilateralmente novas e drásticas medidas anti-laborais.

Ante a gravidade da situación a Asemblea de delegados e delegadas da Sección Sindical da CIG reunida o día 25 de maio, aprobou por unanimidade un calendario de mobilizacións que inclúe a convocatoria dunha FOLGA xeral en Caixa Galicia.

En todo caso a FOLGA é o último recurso que temos os traballadores e as traballadoras para defender os nosos dereitos, polo que queremos aclarar os puntos desta convocatoria:

- A FOLGA será convocada para despois do verano.

- Ao longo dos vindeiros meses procederemos a visitar persoalmente a cada un dos compañeiros e compañeiras para comunicarlles as motivacións desta convocatoria de FOLGA.

- A FOLGA deberá ser ratificada polos traballadores e traballadoras de Caixa Galicia.


- Anteriormente xa transmitimos a outros sindicatos a nosa posición favorable á convocatoria dunha FOLGA, sen que compartiran a nosa visión sindical.

- Neste senso, comprometémonos a tratar de conseguir o máximo apoio sindical a esta mobilización pero, en todo caso, se é necesario e como último recurso, temos aprobado a convocatoria de FOLGA aínda que sexa en solitario.


Galiza, a 28 de maio de 2007

5 comentários:

Anónimo disse...

LA VIRGEN, VAIS EN SERIO!! CORRO A LLAMAR A BENITO

Anónimo disse...

CON DOUS OOOOVVVAAARIIOOOOSSSS.
E DOUS KKOOOOLLLÓÓÓÓNNNSSSS...


ESTOPA, LUME E A QUEIMALOS VIVOS!!!

Anónimo disse...

Xa tiña que estar convocada desde fai tempo, nunca é tarde.

donde hai que firmar para mi ratificación da folga?

Os puedo asegurar que hai moitas compañeiras e compañeiros que a van apoiar.

Ánimo e que non decaiga a cousa.

Anónimo disse...

As cousas boas esquecense rápido, as malas non se olvidan.

Agasallemos a Méndez e Rivero cun recordo inolvidable.

VAIAMOS Á FOLGA!!

Anónimo disse...

Penso que terán que incluir no pedido de material bidóns de vaselina de 50 Litros. Vailles facer muita falta. A por eles OE