15.3.07

Despedid@s de Atento readmisión



O pasado día 14 de marzo a empresa de telemárketing Atento, do Grupo Telefónica, anunciaba o despedimento de 179 persoas da sua plataforma da Coruña. Dende ese día os traballadores e traballadoras desta empresa estan defendendo os seus postos de traballo contra vento e marea. Na concentración celebrada o día de hoxe ás 11 da maña, varias persoas resultaron feridas cando a Policía Nacional cargou dun xeito desproporcionado contra quen pacifica e lexitimamente protestaba para non quedar sen traballo.


Vaia dende aquí toda a nosa solidaridade.

4 comentários:

Anónimo disse...

O goberno do psoe subvencionou a Atento para que marche para Jaén e deixou os paus na Coruña.

Entre Stream, teleperphormance e Atento van mais de 1.000 despidos na cidade en menos dun ano.

Pero tamén os houbo en Softgal e STD do grupo Caixa.

Anónimo disse...

NON SE DESCARGA O VIDEO, SERA QUE O SECUESTROU O GOBERNO CIVIL DA PROVINCIA

Administrador disse...

Será o internet gratuito da biblioteca do teu pobo, o video pode verse normalmente meu.

Anónimo disse...

EEEHHHH.... QUE EU SEREI POBRE PERO CHE SON HONRADO. (AS DESGRACIAS NUNCA VEÑEN SOAS).