28.3.07

Cargos sen explicación nas contas do persoal

Centos de persoas traballadoras de Caixa Galicia recibiron chamadas reclamándolles cantidades que chegaban ata os 1.200 euros. Os interlocutores dicían pertencer ao Departamento “Compensación Retribuciónes”, inexistente na empresa. Nas conversas anunciaban que as cantidades reclamadas serían cargadas nas contas o 26 deste mes.

As cantidades reclamadas pola empresa terían que ver co complemento SRV, este complemento foi creado unilateralmente pola Dirección nun polémico Consello de Administración en decembro de 2005. Neste Consello o Director Xeral chegou a recriminarlle a representante da CIG o seu voto en contra, pretendendo que o obedecese como superior xerárquico e votase a favor, obxectivo que loxicamente non conseguiu.

Este comportamento e a aprobación do SRV tiveron como resposta o inicio dun proceso de mobilizacións sindicais que obrigaron a Caixa a entrar nun proceso de negociación dun novo sistema retributivo chegando a un acordo que nunca chegou a asinarse. A CIG denunciou en xuño do ano 2006 que a empresa non asinaba o acordo comprometido, para poder modificar unilateralmente o SRV ao seu antollo, reiniciando daquela un proceso de mobilizacións, agora o tempo ven de darlle a razón.

En xaneiro do 2007 o Consello de Administración, a petición do Director Xeral, decidía conceder un anticipo sobre o SRV, anticipo salarial que non foi solicitado polos traballadores/as. Deste xeito pretendía mercar o aplauso dos cabreados Directores ante a convocatoria da Convención Anual, pero o agasallo envelenado non tivo o efecto esperado e a a mobilización sindical realizada diante deste acto contou co apoio dos Directores.

O 15 de marzo a empresa procedeu a abonar o SRV, descontado o anticipo de Xaneiro, publicando internamente o que ía cobrar cada quen. Agora ante a reclamación salarial da Dirección a incertidume medra entre o persoal, xa que inicialmente non recibiron ningún tipo de información por parte da empresa sobre o motivo da reclamación e as cantidades non cadran.

Inicialmente a CIG informou a todo o persoal, cunha serie de recomendacións a seguir ante calquera reclamación dunha suposta débeda, entre elas que non aceptasen explicacións telefónicas e solicitasen información por escrito. Feito que tamén se lle solicitou a empresa e que finalmente aceptou.

Posteriormente a CIG solicitoulle ao persoal afectado que lles facilitase toda a información dispoñible para poder efectuar os cálculos correctos, quedando en evidencia que a explicación facilitada tampouco era correcta.

Malia o malestar creado entorno a unha retribución creada para “incentivar” ao persoal, e malia a falta de información aos afectados e a representación sindical, o día 29 de marzo semella que cargaran nas contas de centos de afectados unha cuantías a día de hoxe imprecisas.

O Departamento responsable desta chafallada non é outro que “Area Directivos” dirixido por María Camino, que xustificou nun correo público todo o rocambolesco proceso alegando que este é o primeiro ano de aplicación da retribución variable, nunha patética explicación que só pretende encubrir a súa incapacidade manifesta, a súa irresponsabilidade e a súa vulneración do dereito a liberdade sindical. Non se podia agardar outra cousa de quen se ocultou tras un departemento falso para non dar a cara ante o persoal.

2 comentários:

Anónimo disse...

EU NON ENTENDO AS CRITICAS O SRV. EU CADA VEZ SON MAIS DO SRV (SERPE RASTREIRA E VENENOSA) E VAIME MOI BEN.

M.C.A.

Anónimo disse...

Este foi un invento para xustificar que alguns enchan os petos a conta da Caixa.

¿Canto cobraron os fillos de Mendez?