14.3.07

Non ao pacto de moderación salarial


O pasado 6 de febreiro CCOO, UGT e os empresarios asinaron en Madrid o sexto Pacto consecutivo de contención salarial, polo que se establece un tope do 2% na suba salarial dos Convenios a negociar este ano.

Un ano mais o sindicalismo centralista ven de asinar o Pacto de Moderación Salarial que será de aplicación nos Convenios Colectivos que se negociarán neste ano 2007 e polo tanto tamén no Convenio das Caixas de Aforros. Este Pacto establece un incremento salarial do 2%, o IPC previsto un indicador trampa que o goberno fixa provisionalmente a principio de ano.

Na vindeira reunión da mesa negociadora do Convenio Colectivo os sindicatos presentaremos as nosas Plataformas. Moito nos tememos que algúns, nun exercicio de hipocresía sindical, solicitaran das empresas subas salariais por riba do 2% cando xa teñen pactado este ridículo incremento para todos os Convenios.

Pero o acordo entre CCOO, UGT e a patronal vai mais ala, recomendan tamén a flexibilidade no emprego para axustes internos das empresas e a flexibilidade na xornada laboral.
.
A aplicación deste pacto de moderación salarial nas Caixas de Aforros debería ser aprobada polos traballadores e traballadoras do sector, non polas cúpulas sindicais de CCOO e UGT. Abonda de sindicalismo vertical!

1 comentário:

Anónimo disse...

TAMOS FODIDOS "MI HERMANO".