26.11.10

Camarero poña máis percebes... e páselle a factura ao FROB!!!

Hoxe os integrantes dos Consellos de Administración de Caixa Galicia e Caixanova, así como as persoas que forman parte do organigrama directivo, seica compartiron un  xantar de confraternidade no Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Deberon celebrar a súa continuidade, mentres 1.230 compañeiros/as terán que marchar para o paro. 

Non podemos corroborar nin desmentir a presenza dos representantes dos traballadores/as en ditos órganos de goberno pertencentes a CCOO e CSICA e  polo tanto si estiveron sentados ao lado dos respectivos xefes de persoal (últimamente semellan mais cómodos a carón dos Directivos que nas asembleas de traballadores/as).

Segundo o ruxe-ruxe que circula o xantar non foi pizza, nin un menú a 8 euros.

Quen pagará a factura do suculento xantar?, moito nos tememos que o FROB, é dicir os contribuintes que involuntariamente ven como unha parte dos seus impostos van destinados a sanear entidades. Mentres os directivos, que piden dende a CECA mais recortes sociais, subense os salarios e continuan cunha vida a corpo de rei.

Oido cociña!!!: Non estaría nada mal un pouco de austeridade, reducción do número de directivos e dos seus salarios, nada de saídas multimillonarias de directivos a marxe do Pacto Laboral, menos gastos suntuosos e por favor, que mentres dure a restruturación que os Consellos de Administración non se fagan en paises exóticos como ata o de agora.

O luns inaguración da nova Caixa con pinchos e un viño español coa presenza de Feijoo I "O austero". Tamén se aprobará o ERE previa desaparición de Caixa Galicia, un día para a historia.

2 comentários:

Pardo de Cela disse...

Segundo Zurita os reises católicos puxeron en marcha o proceso de Doma e Castración do Reino de Galiza.

O que celebraron no xantar do Hostal dos Reises Católicos foi o proceso de Reconversión e privatización das Caixas de Galiza.

Anónimo disse...

Caixa galicia e caixanova xa non existen, pero a "marca tenebrosa" ainda é un segredo.

Será un "nome que non debe ser pronunciado", Caixa Voldemort?

Os dementores da area comercial xa están sementando o pánico entre as oficinas dende o organigrama.