25.11.10

Propostas da CIG nas respectivas Comisións de Control

Tal e como anunciamos previamente no documento 25 preguntas prexubilacións tiñamos intención de solicitar unha reunión das respectivas Comisións de Control do Plan de Pensións co fin de aclarar puntos relativos ás prexubilacións. Finalmente as citadas reunións tiveron lugar onte en Caixanova e hoxe en Caixa Galicia.

Aprobouse a posibilidade de retirar os plans de pensións en caso de prexubilación, pensamos que era bo facer unha consulta vinculante á Dirección Xeral de Seguros por parte de ambas Comisións. En todo caso solicitamos entre outras medidas a eliminación do 8% de penalización previsto nas especificacións dos plans de pensións para os casos de xubilación anticipada, somos da opinión que deberían ser as Caixas as que asumiran a diferenza.

Agardamos que ambas propostas sexan tidas en consideración.

Sem comentários: