Despois dunha pausa solicitada polas Direccións, continuou a reunión manifestando estas a súa disposición a avanzar nas propostas presentadas hoxe.
As tres centrais sindicais valoramos positivamente este cambio de actitude e esperamos que na reunión do vindeiro martes se concrete a resposta. Hoxe a representación empresarial non puido contar coa presenza dos seus asesores, que non puideron asistir porque o voo que os traía tivo que volver á súa orixe polo peche do aeroporto.
CCOO, CSICA e CIG, manifestamos que a vindeira semana presentaremos as propostas sindicais aos apartados do acordo que, ata o día de hoxe, a representación empresarial non formulou e que sindicalmente consideramos que teñen que reflectirse.
O tempo corre, temos só catro semanas por diante.
Sem comentários:
Enviar um comentário