30.8.10

Decepción e Parón, Antípodas 2

Despois do parón de 3 semanas por "vacacións", a representación empresarial fíxonos entrega dunha nova proposta de acordo laboral que variou minimamente as posicións anteriores, sen recoller practicamente ningunha das propostas presentadas pola representación sindical, que valoramos negativamente.

Diante desta situación CCOO, CSICA e CIG, manifestamos que NON se contará coa nosa sinatura e solicitamos que na reunión do xoves próximo se modifique 180º o documento empresarial, co obxectivo de chegar a un acordo antes das Asembleas Xerais previstas para a primeira quincena de outubro.

BANCO GALLEGO

Os sindicatos manifestamos na Mesa Laboral de hoxe o noso rexeite ás medidas tomadas pola Dirección do Banco Gallego, participado nun 49,84% por Caixanova.

Esta Entidade, aproveitando a época de verán, o 30 de xullo, venres ás 14 horas, entregou cartas de despedimento aos compañeiros do Departamento de Estranxeiro, por exteriorización deste servizo.

Os/as representantes de CCOO, CSICA e CIG indicamos igualmente á Mesa que asistiremos ás mobilizacións que convoquen os compañeiros/as do Banco Gallego, en SOLIDARIEDADE cos/coas traballadores/as desta Entidade. E que se traslade esta posición ás Direccións das dúas Caixas.

Sem comentários: