6.9.10

A Dirección Comercial pon atrancos na Mesa Laboral da Fusión

Na intervención que realizamos na última reunón da mesa, fixemos fincapé na situación laboral orixinada polas campañas da Dirección Comercial.

Unha negociación do calado da actual precisa ser acompañada dun bo clima laboral, as actuacións do equipo comercial enrarecen ese clima e dificultan calquera achegamento de posicións.

Ante as ameazas verquidas por responsables comerciais a quen non cumpre os desmedidos obxectivos ou, aínda peor, a quen eles pensan que non van cumprir no futuro, os sindicatos debemos reflexionar cando nos solicitan poderes organizativos extraordinarios con medidas que van máis alá do previsto a nivel sectorial.

Podemos dar maior poder a quen actúa de xeito arbitrario e hostiga ao persoal caendo na ameaza e o insulto persoal? Pensamos honestamente que non responderíamos á nosa función como sindicato se non tiveramos en consideración a situación real da Caixa.

Agardamos polo tanto que, polo ben común, para que a nova Caixa teña futuro, finalmente impere o sentido común, que en Caixa Galicia é o menos común dos sentidos.

Sem comentários: