Hoxe o parlamento español convalidou a reforma da Lei de Caixas estatal (LORCA) cos votos do PSOE e PP.
Dende o principio do proceso de restruturación do sector a CIG viu mobilizándose e denunciando que o fin da reconversión das Caixas impulsada a través do decretazo do FROB tiña como obxectivo a privatización das mesmas. Concentrar, centralizar e reconvertir como paso previo a privatización.
As Caixas estan como estan non debido a presenza de políticos nos órganos de goberno como queren facerlle ver a poboación. Os que traballamos nelas sabemos que a responsabilidade foi dos xestores que actuaron como auténticos donos e señores sin ningún tipo de control por parte dos gobernos autonómicos, do goberno central, nin do Banco de España. En moitas ocasións reclamamos un maior control, os goberno miraron para outro lado mentres os xestores arruinaban as Caixas.
Hoxe PPSOE decidiron a privatización das Caixas, a primeira vía a través do SIP. Tal e como denunciamos cando dende o PSdG defendía un SIP para Caixanova esta opción seguia os pasos dados en Italia para privatizar as Caixas. Crearon un banco conxunto ao que trasladaban a actividade financeira reducindo as Caixas a meras fundacións propietarias de accións do banco. Outros sindicatos apoiaban o SIP, serán eles os que deban tamén dar explicacións.
Outra das vías é a través da emisión de cotas participativas con dereitos polítcos ata o 50%, semellante á vía utilizada por Margaret Tacher para impulsar a privatización das Caixas en Gran Bretaña.
Agardamos unha reforma inmediata da Lei Galega de Caixas que blinde a nova Caixa Galega para evitar que os xestores podan privatizalas, a sociedade galega demostrou ao longo dos últimos meses que aposta por unha Caixa de Aforros Galega. Incluso os vigueses que se manifestaron detras da pancarta de Caballero querían evitar que lle "roubasen a Caixa", pero os enemigos non eran os coruñeses, era o propio PSOE.
Dixemos daquela que Bancos con sede en Madrid hai moitos, cando menos queremos unha Caixa de Aforros Galega. E o seguímos dicindo.

Sem comentários:
Enviar um comentário