A CIG aposta pola unidade neste proceso, foi o desexo do persoal que participou nas asembleas e por convencemento propio. Mais ala da pluralidade de modelos sindicais, estamos ante un proceso complexo, con numerosas inseguridades xurídicas e dunha gran dificultade, manteremos a unidade de acción mentres sexa posible.
Así, abordamos con CCOO e CSICA unha contraproposta conxunta de prexubilacións baixo a figura de licenza retribuída, que ten como base anteriores procesos de prexubilacións e xubilacións anticipadas nas dúas entidades. Está feita cos pés na terra fronte a unhas propostas das Direccións que están entre un 15% e un 20% por baixo do xa pactado noutros procesos actuais de fusión. Corresponde a ambas Caixas presentar unha nova proposta.
Na proposta conxunta contemplamos anunciamos que queremos negociar agora o plan de prexubilacións e a homologación das condicións laborais, poderíamos entender que quedasen para unha fase posterior a integración do Plan de Pensións e unha nova Clasificación de Oficinas. Pero en todo caso reivindicamos modificacións inmediatas do Plan de Pensións de Caixanova co fin de evitar dentro do posible perpetuar diferenzas entre o persoal en base a entidade de procedencia. Queremos homologar as achegas para o persoal posterior ao ano 1986 nun 5% do salario e que o persoal anterior poda optar entre unha renda ou capital chegada a xubilación l.
Non fixemos contrapropostas ás medidas extraordinarias de reorganización propostas polas Caixas (mobilidade xeográfica, baixas indemnizadas, etc) carecemos de documentación que as xustifique e datos que nos permitan cuantificalo seu impacto.
Dende o primeiro día deixamos claro que a CIG non ia a apoiar plataformas sindicais que incluían medidas traumáticas (baixas indemnizadas, mobilidade xeográfica, etc). Este tipo de medidas deberían propoñelas as Caixas e de xeito argumentado, non os sindicatos nunha plataforma inicial. Menos apoiaremos esas plataformas si ademais parten da renuncia a dereitos dun ou doutro colectivo como é o caso.
Por último, foi esta representación sindical quen solicitou como en anteriores ocasións aclarar o futuro do persoal da Obra Social e da Fundación e que se nos indicase con quen debíamos negociar estas cuestións. Por parte das Caixa díxose que a fusión non afectará ao emprego nin as condicións laborais destes compañeiros e compañeiras. Pero por outra banda sabemos que o plan de integración non desbota a venda de edificios da OBS, polo que as palabras están ben, pero para a CIG non son suficientes, queremos algo mais: garantías de emprego, a aplicación de medidas non traumáticas e unha homologación das precarias condicións laborais deste colectivo.

Sem comentários:
Enviar um comentário