O título deste comunicado, é a resposta ofrecida polo portavoz das dúas Caixas na reunión de hoxe á presentación da plataforma conxunta dos sindicatos CIG, CCOO e CSICA.
Manifestamos que a nosa proposta está máis preto á realidade sectorial, que a presentada polas Caixas o pasado día 13 de xullo, que se afasta en, aproximadamente, un 15% das porcentaxes dos acordos asinados noutras entidades.
Na vindeira reunión, fixada para o próximo día 29 de xullo, quedaron de dar resposta e valoración de custes das nosas peticións, así como información máis detallada de reordenación de rede e servizos centrais.
Detalle da nosa plataforma:
Novamente, volvemos esixir a documentación con antelación suficiente para o seu estudo, de todo o referente ao proceso de reorganización con datos desagregados.
A negociación laboral, abordará de forma inmediata, ademais do apartado de reorganización dos cadros de persoal, os aspectos de harmonización de condicións de traballo (homologación salarial, carreira profesional, beneficios sociais, etc.)
Prexubilacións
A partires de 55 anos cumpridos ata o 31/12/2010, no caso das persoas que podan acollerse e non o fagan no prazo fixado (90 días seguintes á data de referencia xeral), poderán acceder a esta situación os/as traballadores/as que vaian cumprindo esa idade ata o 31/12/2012 (data límite fixada para a racionalización da rede), seguindo a orde de cumprimento de idade.
O persoal prexubilado manterá a vinculación laboral coa entidade, cotizando polo réxime xeral da Seguridade Social.
Antigüidade mínima efectiva (a que figura en nómina) de 15 anos; estando á espera de información detallada de posibles afectados/as, na que consten provincias, niveis salariais, etc., para tomar decisión definitiva.
Xubilación, en todos os casos, á idade legal en cada momento.
Base para o cálculo do salario; retribución bruta anual, existente no momento de acceder á prexubilación. Contemplaranse nas entidades que non o teñan realizado a actualización de táboas e complementos a revalorizar.
Incremento anual: o fixado no Convenio Colectivo de Aforro.
A porcentaxe salarial garantida alcanzará o reflectido no cadro seguinte, tomando como base a retribución bruta anual. Os niveis de cotización de aqueles traballadores/as que accedan á prexubilación, non se verán afectados pola redución practicada sobre a súa retribución bruta.
Anos Porcentaxe de Cobertura
55 a 59 años 95%
60 a idade legal de xubilación 98%
En concepto de premio, incentivarase a cada traballador/a con 1.200 € por ano de servizo.
Aos traballadores/as que, no momento de acollida teñan o salario reducido como consecuencia de redución de xornada, este non se lle terá en conta para o cálculo da porcentaxe anterior.
Esta redución non terá repercusión na achega ao Fondo de Pensións, que será do 100% do salario anual pensionable. En aras de homologación para o persoal que poda acollerse ás prexubilacións e, independentemente da futura integración dos Plans de Pensións de ámbalas dúas entidades, a achega ao plan de pensións do persoal procedente de Caixanova será, ao igual que en Caixa Galicia, do 5% do salario pensionable. Ao mesmo tempo e, con carácter xeral para todo o persoal de Prestación Definida de Caixanova, terá opción de rescate ou renda, no momento que poda optar a elo.
Liquidación: a opción do traballador/a, poderase anticipar o seu cobro ao momento de pase á prexubilación.
A prexubilación é voluntaria e universal para os traballadores/as que cumpran os requisitos; unha vez solicitada, a dirección non poderá atrasar a súa concesión máis alá de 6 meses.
No suposto de producirse unha Incapacidade Permanente Total, garántese un complemento ata alcanzar o 87,5% do salario pensionable.
A solicitude do traballador/a, a empresa estudará a conversión dos préstamos para adecualos á nova situación salarial dos/as que opten á prexubilación.
Mobilidade Xeográfica – Baixas indemnizadas – Suspensións de contratos compensadas – Reducións de xornada
Mentres non se facilite información pormenorizada sobre o proceso, non podemos entrar a valorar nin realizar contrapropostas.
Descoñecemos as necesidades económicas, organizativas, etc., que xustifiquen estas medidas propostas.

Sem comentários:
Enviar um comentário