14.7.10

Comunicado conxunto segunda reunión mesa negociación


COMUNICADO CONXUNTO DE CIG, CCOO e CSICA

Nesta segunda sesión as Dirección de ambas entidades comentaron as súas propostas nos aspectos da integración, que pasamos a comentarvos:

CRITERIOS, xerais que observaran todas as medidas:

A data de referenza para o inicio de todas as medidas será a data efectiva de rexistro da nova entidade, unha vez celebradas as Asembleas Xerais.

Tempo de execución: será ESCALONADO, incluso algunhas poden chegar ata finais do 2012, sobre todo as prexubilacións.

Todas as medidas afectarán UNICAMENTE aos traballadores e traballadoras que están suxeitos ao Convenio Colectivo de Caixas de Aforros.

Os conceptos salariais que se terán en conta serán en todos os casos o SALARIO FIXO (incluídos os complementos por postos de traballo e persoais), non os variables.

Voluntariedade para todas as situacións.

MEDIDAS PROPOSTAS POLAS DIRECCIÓNS:

Prexubilacións, datos apuntados:

A partir de 55 años cumpridos ata o 31.12.2010, de existir sobrantes por non acollemento, a medida prorrogarase para os que cumpran 55 ata o 31.12.2011, (nestes últimos casos a orde será por cumprimento da idade).

Antigüidade mínima na Entidade de 15 anos no momento de acollida.

A cobertura no período de xubilación será ata os 63 anos, xubilándose anticipadamente.

Condicións salariais:

75% da Retribución Fixa anual do último ano, sen achegas ao Fondo de Pensións.

70% da Retribución Fixa anual do último ano, con achegas ao Fondo de Pensións.
Da Retribución Fixa anual descontarase a Seguridade Social a cargo do Traballador/a.

A empresa abonará o Convenio Especial coa Seguridade Social, ata os 63 anos.

A revalorización será dun 1% anual, do salario que serviu para o cálculo inicial.

Forma de abono do importe acordado, tres formulas posibles: Renda periódica, capital ou mixta.
Condicións de creto e condiciones sociais, mantéñense nas mesmas condicións.

A fórmula para instrumentalizar estas situacións, en principio, sería mediante RESCISIÓN DE CONTRATO, sen descartar outras vías xurídicas.

MOBILIDADE XEOGRÁFICA

Novamente apuntan á voluntariedade, salvagardando o dereito de organización, tanto nos peches por solapamento como nos Servizos Centrais

Aplicarase en todos os supostos que a mobilidade supere os 25 Km., que son os que establece o Convenio Colectivo Sectorial. Terase en conta a ofician actual e a de destino; tamén o domicilio do traballador.

Compensacións: de 25 a 100 Km 3.000 €; desprazamento superior a este quilometraxe 10.000 €.

BAIXAS INDEMNIZADAS: Voluntaria para as dúas partes, 35 días por ao traballado co tope de 33 mensualidades.

SUSPENSION DE CONTRATO COMPENSADAS: período de 3 anos ampliable a 5, con reserva do posto de traballo. Incentivarase ao inicio do período cun 30% do que lle correspondería por baixa indemnizada. No caso de non incorporarse complementase ata o 100%.

REDUCCIÓN DE XORNADA ao 50%, coa redución proporcional do salario, pendente de concretar máis datos.

OUTRAS MEDIDAS, Iranse concretando a medida que avancen as negociacións, pero manifestan a súa vontade de chegar ao máximo de acordos posibles, entre outros mencionados: Clasificación Profesional; Clasificación de Oficinas; Estrutura Retributiva; Plan de Pensións; Xornadas e horarios; Beneficios Sociais; Plans de Igualdade.

Fan mención expresa do respecto ás condicións salariais, sen perda da estrutura actual, matizando que mentres se fagan as mesmas funcións. Respectando os procesos de consolidación de categorías que están en fase de consolidación.

APUNTAN QUE O INCREMENTO DO CUSTE SALARIO SERA “ 0 ”

A VALORACION SINDICAL DOS PRESENTES.

Atopámonos ante unha proposta de partida, de mínimos por parte das Direccións, pero que NON COMPARTIMOS e teremos que ter un longo percorrido para que estas posicións melloren e podamos chegar a un acordo antes das Asembleas Xerais.

Igualmente manifestamos as reticencias que a representación sindical temos coas BAIXAS INDEMNIZADAS, en ningún caso consentiremos que sexa unha vía para presionar aos traballadores e traballadoras.

Quedamos emprazados a unha nova reunión a vindeira semana, na que a representación sindical presentará as súas propostas.

Sem comentários: