Caixa Galicia e Caixanova, adiantaron na segunda reunión da mesa negociadora a posibilidade de tramitar as “desvinculacións” dos 1.200 “excedentes” a través dun ERE (Expedinte de Regulación de Emprego) pactado. As prexubilacións, pero tamén as reducións de xornada que serán conforme á recente contrarreforma laboral do PSOE.
Así mesmo adiantaron que queren ir a despedimentos pagados, eufemisticamente “baixas indemnizadas”. E iso que as Direccións fartáronse de dicir que non aplicarían medidas traumáticas.
Desgraciadamente non foi unha sorpresa, onte mesmo no SIP de SAnostra (no que nalgún momento díxose que podería entrar Caixanova) a posición das Dirección foi a mesmas: aplicar un ERE. Seguen o mal exemplo das Caixas Catalanas e de Castela León.
En todo caso a CIG defende un proceso de prexubilacións como os que temos negociado ata o día de hoxe: sen despedimentos; mantendo a vinculación coa entidades e polo tanto mantendo a cotización no réxime xeral da Seguridade Social (sen cargar na Caixa da Seguridade Social a mala xestión das cúpulas) e cunhas porcentaxes dignas.
Como sindicato de clase non podemos admitir nun momento de recortes sociais, incluída unha reforma da Seguridade Social que pretende alongar a vida laboral e recortar prestacións, que as Caixas de Aforros despois de recibir inxentes axudas públicas carguen o custe de desfacerse miserablemente de 1.200 persoas con cargo ao erario público. Sería unha mostra de insolidariedade, con nos mesmos (o alongamento da vida laboral e o recorte das prestacións tamén nos afectará) e co resto dos traballadores e traballadoras.
No apartado de homologación, é dicir as condicións nas que quedaremos a maioría dos cadros de persoal as Direccións continúan sen facer propostas concretas, divagan e dan longas.
Entendemos que estamos ante unha primeira proposta maximalista por parte das Dirección, pero pensamos que se lles foi a man. Este tipo de propostas xeran maior incerteza entre a clientela, para beneficio dos nosos competidores, que xa o teñen bastante doado despois do espectáculo que ofreceron as Direccións durante meses. Conduta que reprobamos na mesa pero que tamén queremos facer publicamente.
Por último lembrar que temos presentada unha denuncia na Inspección de Traballo ante a falta de información no proceso de reconversión (segundo as propias palabras dun dos voceiros das Caixas Galegas). Ata que non teñamos os datos desagregados non formularemos unha contraproposta nos aspectos referidos á reorganización, sería darlle as Direccións un cheque en branco en materia de mobilidade, despedimentos pagados e demais.
Sem comentários:
Enviar um comentário