15.7.10

A persoaxe do día


Ten 78 anos e despois de meses dunha descarnada batalla na que as vergonzas dan entidades quedaron ao descuberto para beneficio da banca, será Presidente da nova Caixa. Si o tempo e a autoridade competente o permiten claro (a "parca" e Deus, Feijoo nesto xa non pinta nada).

Tivemos que escoitar a algúns dos seus "voceiros" extraoficiais reclamar o seu dereito a seguir, "non se pode mandar para casa a unha persoa por motivos de idade", repetía unha e outra vez Abel Caballero.

Agora seguirá mandando, que non traballando, e pretenden mandar para casa cun ERE ás persoas maiores de 55 anos, que por idade poderían ser os seus fillos ou fillas. Por certo Abel Caballero xa non fala de idades, nin do dereito a traballar, nin de nada.

Canto mais tarde a fusión definitiva, mais tempo seguirá e despois a sumarlle o período de transición. En definitiva, coma Felipito Tacatún: Yo sigo!!, pero todos os maiores de 55 ao paro.


Sem comentários: