O Director Xeral de Caixa Galicia foi máis transparente que o de Caixanova en canto aos prazos e datas da fusión (non sobre o custe laboral). Anunciou que a fusión real decidirase nas respectivas asembleas que serán convocadas no mes de setembro.
Os medios de comunicación están preocupados por cal vai ser o seu futuro persoal, onte deu a clave do que nos xa sabíamos: cumpre 65 anos, o 11 de setembro para ser mais exactos.
O Convenio Colectivo obriga á xubilación obrigatoria aos 65 anos, só os Directores Xerais poden continuar mais ala desa data grazas aos Estatutos e a Lei de Caixas, un cargo que Méndez deixará en setembro.
Tampouco forma parte da Asemblea Xeral, polo que dificilmente podería ocupar a presidencia na segunda parte do mandato (a mais decisiva en contra do anunciado por Gayoso e Caballero, ese Consello decidirá a nova conformación dos órganos de goberno despois do periodo de transición, si non ao tempo).
A decisión de manter as dúas Caixas ata setembro, cando Méndez cumpre os 65 anos foi un acordo para permitirlle unha saída "honrosa". Marchará da Caixa como Director Xeral, pola porta grande. Para que logo digan que o persoalismo é unha exclusiva de Gayoso.
Nesta fusión non sempre dous mais dous foron catro, pero hai cousas evidentes: Méndez non podía seguir e xubilarase en setembro.
Non temos maior interese no futuro deste señor, nin na crónica rosa, pero aclarámolo para que a atención se centre no custe económico, social e laboral da fusión.

1 comentário:
http://www.youtube.com/watch?v=iNPdHPk2bEE
Enviar um comentário