O impacto laboral da fusión é un segredo a voces coñecido por toda a poboación de Galiza e espallado polos medios de comunicación: venda de rede de oficinas (en torno a 250); peche de oficinas (sobre 200); e 990 postos de traballo a amortizar, seica con prexubilacións.
Desgraciadamente os únicos que non coñecemos o impacto laboral da fusión somos os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova e os seus representantes legais.
Mais ala dos comunicados públicos e das promesas de transparencia e claridade efectudadas por amabas cúpulas diretivas, a día de hoxe a opacidade caracteriza o proceso. Tampouco a Xunta de Galicia, que se contou co apoio dos sindicatos cando a fusión era unha entelequia e os escollos eran numerosos, foi clara e transparente nesta última fase. As reunións cos respectivos Directores Xerais foi unha mera escenificación sen contido.
Neste senso para a CIG rematou o tempo, si non hai unha convocatoria inmediata na que se poñan sobre a mesa o plan de reconversión e se abra unha negociación en toda regra (nada de mesas redondas) daremos inicio a un proceso de mobilizacións neste mesmo mes.
As cúpulas tiveron tempo de abondo para preparar a fusión, si non o fixeron foi porque estiveron dando un espectaculo público lamentable pelexando por seguir atados ás poltronas.
Os traballadores e traballadoras temos dereito a coñecer de primeira man que vai a ser dos nosos postos de traballo, non é de recibo que día si e día tamén recibamos sobresaltos cando abrimos os xornais, conectamos a radio, vemos a televisión, ou simplemente cando os preocupados clientes comentan sen malicia.
Non gañou Vigo, nin a Coruña, polo momento os únicos gañadores claros do proceso foron os altos directivos as dúas cúpulas duplicadas que continuaran engordando os seus petos. Ou nos mobilizamos ou os perdedores da fusión seremos todos nos, o resto do cadro de persoal de Caixa Galicia e Caixanova.

Sem comentários:
Enviar um comentário