27.5.10

Comunicado conxunto da CIG, CCOO, CSICA, UGT e CGT nas Caixas Galegas


Reunidas todas as seccións sindicais con representación en Caixa Galicia e Caixanova esiximos:

• A convocatoria urxente da mesa de negociación do pacto laboral da fusión e que se informe das previsións que manexan as empresas en relación ao emprego e as relacións laborais.

• O compromiso de non utilización de ningún tipo de medida traumática.

• A non segregación da rede.

• A negociación dun protocolo de homologación, partindo do recoñecemento dos dereitos adquiridos.

• A garantía de continuidade da Obra Social e da natureza xurídica das caixas de aforros.

• A presentación dun plan de futuro da nova entidade, cunha explicación clara do deseño dos centros de traballo.

• Un plan de prexubilacións negociado coa representacións sindical, voluntario para todas as persoas.

• O compromiso de mantemento das condicións laborais de todas as persoas que traballan en empresas vinculadas a ambas Caixas.

En Santiago de Compostela a vintesete de maio de 2010.

3 comentários:

Anónimo disse...

Los jovenes correremos peligro???Es el miedo que tenemos muchos compañeros que entramos hace poco en la empresa.

Administrador disse...

Todo o persoal novo ou antigo vai ser defendido sen distinción pola CIG. Non admitiremos medidas traumáticas para ningúen.

Un saúdo

Anónimo disse...

Moitas grazas.