Onte polo seran celebrouse a Asemblea Xeral de Caixanova, o máximo órgano de goberno da entidade.
Os nosos compañeiros e compañeiras da Sección Sindical da CIG-Caixanova interviñeron votando en contra da xestión (foi o único voto en contra) criticando os salariosl da alta dirección e posteriormente fixeron un pronunciamento a favor da fusión de Caixanova e Caixa Galicia.
6 comentários:
E a min que me parece que isto non vai para diante... :(
de quen nos podemos fíar os traballadores?
Todo son boas palabras mais a situación cada día é máis insostíbel. En caso de fusión cal sería a situación proposta polos sindicatos se xa non se pode recurrir ao FROB
Os traballadores podemonos fiar de nos mesmos,non hai salvadores fora, tal e como dí a letra da Internacional.
Os sindicatos o que podemos facer é o que fixemos ata o de agora, hai unha opción, a fusión galega, que contempla garantías en materia de emprego. Polo tanto é a que debemos defender.
Si finalmente a opción que decidan en Madrid (o Andaluz ese que renegocia a Lei de Caixas Galega) é outra deberemos loitar para que existan as mesmas garantías. Nin mais nin menos, que non é pouco.
En canto a decisión do BdE cabe lembrar que MAFO foi posto polo PSOE, que o PSOE controla o Ministerio de Economía, controlaba a Consellería de Economía e que controla o Consello de Admnistración de Caixa Galicia.
Hai un partido responsable desta situación e haberá que exixirlle responsabilidades e solución que para iso gobernan en Madrid e controlan o BdE. Que non é pouco.
Non hai salvadores supremos,
nin rei, nin tribuno, nin deus,
temos que salvarnos nós mesmos,
o Pobo Traballador.
Imos cantarlles a internacional que veremos como bailan os do consello.Argumentos bastante antigos que non solucionan case que nada Se esas son as solucións que me dan polos que votei hai uns días non vezas ti o tranquilo que vou durmir estes días. Considero que os traballadores non temos unha representación sólida (exemplo: os traballadores da obra social estamos sometidos ao convenio de hostelería onde non se nos recoñece nin a antigüidade nin outros moitos dereitos que se recollen no estatuto dos tranballadores. Se queremos pedir un préstamo as condicións son diferentes do resto de traballadores de Caixa Galicia, horarios, ascensos... onde están na OS. Sempre houbo a sensación que o noso traballo consistía en gastar cartos que se gañaban nas oficiñas...Agardo que agora que tanto se fala da diferncia dos Bancos e das Caixas é precisamente A fución Social das Caixas sexan feitos e non boas palabras os que se poñan enriba da mesa e que á hora de negociar a quen corresponda lembre que hai traballadores en precario dende hai moitos anos.
A Caixa dá de alta aos traballadores e traballadoras da Obra Social en distintas empresas para evitar que teñan dereito a elexir os seus respresentantes legais. E nega ao delegados e delegadas da Caixa a lexitimidade para facelo.
Como saberas solicitamos a inclusión do persoal da OBS no Convenio do persoal das Caixas de Aforros e só tivemos o apoio da UGT.
Tentamos abrir o melón da negociación dun convenio propio para o voso caso, pero a Caixa nega a nosa lexitimidade para facelo.
Fixemos algún avance cativo, como foi o recoñecemento do persoal da OBS para algúns beneficios sociais.
O problema e que hoxe a caixa non negocia nin está en disposición de poder negociar nada. A espera da decisión que se tome sobre o futuro aquí ninguen toma decisións hai un impas nas dúas Caixas que contribue ao deterioro da situación.
Enviar um comentário