Mais de 700 postos de traballo estan en perigo nos centros de chamadas de Sykes na Coruña e Bosch en Vigo que atenden, xunto co de Unísono tamén en Vigo, os servizos de atención ao cliente de Vodafone.
O pasado mes de setembro esta compañía pediu 6 autorizacións á Agencia Estatal de Protección de Datos, organismo dependente do Ministerio de Traballo, que preside Francisco Camaño do PSOE, para transferir as bases de datos de clientes do estado español para Colombia, Perú e Chile.
Calquera cesión de datos de clientes entre empresas dentro do estado require a autorización dos clientes, pero segundo a AEPD cando esa cesión é a terceiras empresas doutros paises non é necesario xa que non é "cesión" é unha transferencia internacional, un absurdo que beneficia as grandes empresas nos procesos de deslocalización.
Hoxe as compañeiras de Sykes comezaron co proceso de mobilizacións e paros que continuaran o vindeiro día 15 de febreiro que tamén iran a folga en Bosch Vigo.

2 comentários:
Viva, outra fochanca do Rivero & company.
Metemos a campaña de agasallar a domiciliacion das nóminas con Vodafone xusto cando esta empresucha vai mandar ao paro a 700 persoas na Galiza.
Outro éxito comercial que apuntarse...na barra do xeo.
JOse Luis colga unha ristra de allos na central e busca quen é o gafé.
Que lles den un teléfono òs fillos de Mendez, pero sen GPS para ver si se perden polo mundo, e ao pai un cos números en grande co nº 666.666.666. Non pensedes mal,é para que o recorde.E ademais o seu número favorito para tódala vida é o de Gayoso, a 0 euros sen gastos de conexión de chamada.
Enviar um comentário