6.8.09

CCOO ocultou que mantivo contactos con Caja Madrid para falar da fusión


CCOO-Caixa Galicia mantiña unha posición favorable á fusión interterritorios que poideran afectar ás Caixas Galegas ata que a presión do persoal obrigoulles a cambiar a linguaxe (non a posición). Agora piden que cesen as "especulacións", pero por outra banda ese sindicato mantivera contactos con Caja Madrid para falar da fusión con anterioridade ao 20 de xullo, tal e como recoñeceron o día 4 de agosto na súa web madrileña.

CCOO pide agora silencio e o cese das "especulacións", como se tal fusión fora un invento, nada máis lonxe da realidade. Tratan de evitar un debate social claramente contrario a súa posición e evitar que se saiba o seu papel na posible absorción.

O responsable de comunicación de CCOO en Madrid, Francisco Naranjo, recoñeceu ante a axencia EFE que Conselleiros de Persoal de CCOO en Caja Madrid mantiveran contactos con esa entidade para falar da fusión, malia que non foi unha reunión oficial. Declarou que os contactos foron anteriores á Asemblea Xeral de Caja Madrid, celebrada o 20 de xullo.

Din tamén que non houbo un gran debate interno respecto da fusión e que “a ven con bos ollos”. E que apoiarán calquera fusión “positiva para Caja Madrid y los madrileños”.

A noticia vén recollida en varios xornais e tamén na páxina web de CCOO en Madrid.

2 comentários:

Anónimo disse...

Si CCOO de Caixa Galicia non sabía nada deberían pedir disculpas aos compañeiros e pedir explicacións aos seus de CCOO-Caja Madrid.

Está moito en xogo para que os sindicatos estedes enfrentados. Pero é certo que CCOO debe ser clara e informar de todo o que sepan.

Felix R.de la Fuente disse...

CCOO e UXT levan ocultos dende fai moitos anos ¿Porquè terían que mudar agora? Coma sempre: Táctica avestruz. cabeza agochada baixo os mandatos empresariais e o Cú ben o airo para que llo rebenten a poll..........................azos