1.9.09

CCOO continúa coa dobre linguaxe

Mentres CCOO-Caixa Galicia di estar en contra da absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid, outras estruturas desa organización continúan mantendo unha posición mais que ambigua.

A Sección Sindical de CCOO en Caixanova sacou un comunicado ao persoal, que colgou na súa web, no que critica á CIG por opoñerse a citada fusión. Panflteo que por certo ten diferenzas a respecto do espallado entre o persoal.

No seu comunicado, no que cargan contra a UGT e a CIG malia dicir demagoxicamente que “es fundamental la unidad de acción”, din textualmente:

“En el caso del sindicato nacionalista no nos estraña que ahora se tire de cabeza a una fusión en clave País, sin máis consideracións, como defensa ante el invasor estatal”.

Na versión en papel continúa: "Los trabajadores y trabajadoras de Caixanova sabrán sacar las conclusiones pertinentes en un futuro, ante las actuaciones de cada uno de los sindicatos".

Na versión en internet continúa: "Para ellos, un sindicato que tiene como objetivo la toma del poder interno, el tema de la fusión es más complicado...y es que en una fusión con Caixa Galicia pasarían a ser la cuarta fuerza sindical". Este parágrafo na versión en papel vai dedicado á UGT. Entendemos que as diferenzas entre un e outro deben ser cuestión dos trasnos dixitais.

Dende que coñecimos a posible fusión a CIG traballou avaliando o impacto da mesma, realizando un estudo e analizando a coincidencia de oficinas, servizos centrais e das empresas auxiliares; o número de postos de traballo afectados e cuantificando a saída a través dunhas posibles prexubilacións.

Pola sáu banda CCOO só fixo os números de como quedaría o ranking sindical e ainda por riba os fixo mal, lamentable.

1 comentário:

Anónimo disse...

Esta guerra sindical e iloxica deberiades preocuparbos de outras cousas