Ata o de agora o debate sobre a absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid e a CAM valenciana estivo marcado pola demagóxia na maior parte das intervencións públicas.
Foi por iso que a semana pasada fixemos público un comunicado coas repercusións sobre as coincidencias na rede e os servizos centrais, o peche de centros de traballo e o emprego.
Hoxe por primeira vez varios medios de comunicación fan referencia á fusión analizando as coincidencias na rede de oficinas, o peche de oficinas, o "excedente" de persoal. Hai unha minoración do excedente de persoal, algunha noticia que erroneamente dí que o FROB contempla a autorización das prexubilacións (recomendamos ao xornalista que lea o Real Decreto antes de opinar).
Pensamos que malia que os medios non nos citen conseguimos abrir o debate das consecuencias laborais da fusión.
A nova nos medios:
3 comentários:
Están a xogar co futuro público de Galiza con unha inconsciencia e iñorancia absoluta.
Isto parece o anuncio de IKEA:
"Donde caben dos... caben tres..."
Fillosdemalamai
¿Pizarro? pode ser- ¿Rato?---
Agora o debate está aberto.
Xa se vai notando nos diferentes medios de comunicación, opinións de diferentes profesionáis do dereito, xornalistas, economistas, etc. etc., que xa se están a manifestar po la fusión de amba las dúas Caixas Galegas, que entendo sería o mais doado para o noso país.
Outro tema son os traballadores, dada s situación de crise global, non podemos agardar nada bó, por iso CIG COMO SINDICATO GALEGO DE CLASE TRABALLADORA non pode fallar.
Atá o de agora está facendo as cousas ben.
Seguide po lo bó camiño, e non deixedes que outros apoien a fuxida cara Madrid ou outras comunidades.
GALIZA UNIDA.
Só os partidarios da absorción non queren que se fale dela. Seguide dando guerra.
Enviar um comentário