Como continuación ao comunicado anterior, referido a nosa oposición clara e sen ambigüedades fronte a posible absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid e a CAM valenciana, lembrando as graves implicacións sobre o emprego coa desaparición da sede central, dos servizos centrais, as empresas auxiliares e a coincidencia de oficinas, afectaría a perto de 3.000 emprego no Estado, 2.250 en Galiza, continuamos realizando estudos previos ao respecto.
En primeiro lugar cabe lembrar a posición das Caixas de Aforros, da patronal e do Banco de España favorable a alongar a vida laboral, polo que as posibles prexubilacións con cargo ao diñeiro público do FROB, semella unha alternativa mais que difícil.
No hipotético caso de que o Partido Popular impoña a absorción de Caixa Galicia, unhas dificiles e hipotéticas prexubilacións non absorverían todo o impacto sobre o emprego. En primeiro lugar nas empresas auxiliares, pero tampouco na Caixa Galicia.
A día de hoxe analizado o cadro de persoal, en Galiza o número de persoas entre os 55 e os 60 anos, que poderían acollerse a unhas hipotéticas prexubilacións, redúcese a 380 persoas.
Para o resto a saída ao “excedente” de persoal, quedaría reducida a un posible ERE; despedimentos obxectivos; baixas incentivadas (despedimentos “voluntarios” pactados) e mobilidade xeográfica mais ala dos 25 quilómetros.
Cada día novas voces sumanse contra a posible desaparición de Caixa Galicia e Caixanova: persoalidades do mundo económico; das Universidades; representantes políticos, etc. En todo caso agardamos que propere no Parlamento Galego a proposta non de Lei presentada polo BNG solicitando a Xunta de Galicia que recurra o Decreto Lei de creación do FROB para evitar a desaparición das Caixas Galegas.
Insistimos que a absorción por Caja Madrid ten graves repercusións para o país, sociais i en materia de emprego, neste senso queremos denunciar a posición de Comfia, a única voz que se alzou en apoio a unha hipotética fusión interterritorial que afecte as Caixas Galegas.
Alguen terá que explicar como un “sindicato” pode defender a desaparición dunha empresa que dá emprego a 5.150 persoas coas graves repercusión que tería en materia de emprego, nomeadamente en Galiza. O seu centralismo descarnado, o autoódio a todo o que cheire a galego, a súa submisión a Comfia (dirixida por un asalariado de Caja Madrid) ten chegado ao límite. Neste senso pedimos publicamente aos afiliados/as a CCOO en Caixa Galicia que lle trasmitan a súa oposición a desaparición da nosa empresa.

Sem comentários:
Enviar um comentário