O sábado 20 de xuño celebrouse na Coruña a Asemblea Xeral de Caixa Galicia, a aprobación das contas e a xestión do exercicio 2008 foi a mais contestada da historia, coa intervención dos Conselleiros de persoal pero tamén de clientes. O Director negouse a contestar as preguntas formuladas pola CIG.
Jose Luis Méndez apelou aos seus anos de mandato (dende 1978 dixo) e tratou de escudarse na dificil situación económica xeral por mor da crise, unha crise que dixo era froito do "azar", para xustificar a situación da Caixa Galicia, pero foi insuficiente para evitar que a xestión do ano 2008 fora a mais contestada.
En primeiro termo interveu o Conselleiro Xeral en representación do persoal, elexido co apoio da CIG, Clodomiro Montero, que denunciou a ocultación de datos a Asemblea co fin de evitar asumir responsabilidades.
Relatou a restructuración á que esta sometida a Caixa e as repercusións laborais (o peche total, parcial ou temporal de 105 oficinas); o peche de servizos centrais; a desaparición das equipas de substitucións; o despido dos temporais; o impago da suba salarial pactada para este ano; a desaparición unilateral da retribución variable no mes de xuño con efectos de xaneiro; e por último o “Plan Ocio y Trabajo” presentado esta semana e que calificou como “regulación temporal encuberta”.
Tivo tamén unha parte dedicada a situación económica da Caixa e rematou facendo unha serie de preguntas ao Director Xeral, preguntas que este tratou de evitar entrando nunha confrontación persoal.
Preguntou si a Caixa acudirá ao Plan de Rescate que prepara o goberno central; si estaba aberto a unha fusión que levara a perda do caracter galego da Entidade e a desparación da sede e dos servizos centrais da Coruña (a esta pregunta o Director respondeu que o representante da CIG tiña unha visión reducida e pechada, que Caixa Galicia xa era unha entidade estatal); preguntouselle tamén si houbera ou si haberá dimisións ou ceses no equipo da alta dirección en asunción de responsabilidades pola mala xestión; preguntouselle pola súa opinión ante a calificación por parte de Moodys (lembrandolle que na Asemblea 2007 referira a eles como mis amigos de Moodys) da emisión de participacións preferentes como bonos lixo; e por último ante os recortes que afectan ao cadro de persoal pediuselle que informase dos salarios individualizados da alta Dirección.
Malia evitar contestar a maior parte das preguntas, nunha segunda intervención, xa noutro punto e sen intervención previa da CIG, o Director Xeral dende o estrado dixo: “Sr Clodomiro sepa que me tiene usted enfrente”, demostrando así o seu nerviosismo ante quen lle pediu explicacións, algo ao que evidentemente non está acostumado.
Posteriormente interviu por CCOO, na Asemblea da Entidade galega, o catalán Josep Olivé, nun tón crítico pero mais conciliador. Ao longo da súa intervención entrou tamén na situación do persoal, no peche de oficinas, nos recortes salariais e no hostigamento ao persoal. Pediu tamén responsabilidades e tendeu a mán a dirección para abrir un diálogo.
A sorpresa foi a intervención dunha Conselleira Xeral en representación dos clientes, que explicou un grave caso de acoso laboral que está a padecer o seu marido nunha empresa participada pola Caixa, Inseco. O Director Xeral dixo, nun tón pouco afortunado, que falaría co Conselleiro Delegado desa empresa.
No punto 7, relativo ao Plan de Xestión 2009 tampouco houbo unanimidade: a CIG votou en contra e CCOO abstivose.
Unha das anecdotas do día foi a protagonizada polo Presidente da Deputación Provincial da Coruña, o socialista Salvador Fernández Moreda. Como Vicepresidente da Caixa estivo sentado na mesa presidencial, a súa cara durante as intervencións dos Conselleiros críticos, foi obxecto de numerosos comentarios, xa que parecía dicir “Dios mio donde me he metido”.

2 comentários:
Noraboa a intervención do compañeiro "Clodo".
Parece ser que sácalle as cores o Sr. Méndez e négase a respostar públicamente ante o máximo órgano de representación da Entidade que é a Asamblea Xeral de compromisarios.
O azar o puxo na Dirección da Caixa,aló polo ano 78, e o azar tamén vai a poñelo fora do seu postiño o carón do 2009-2010, cos obxetivos cumpridos, cada quen que saque as súas conclusións.
Levan toda a vida manipulando as eleccións para os representantes nos órganos de goberno, pero ainda así de cando en vez saelles alguen respondón como o caso da Sra. do traballador de Inseco, pero coma si nada.....
Se Caixa Galicia fose unha Entidade Galega, sen tanto protagonismo de querer estar sempre na punta da pola, posiblemente nos estaríamos na situación que nos ocupa. O pior está no que chaman a " Rede 2 ", ( enredados ) e ben liados que teñen o seu telderete, e agora non saben como sair da situación, todo son paos de cego ), hoxe digo, mando e fago, e mañá a outra cousa, e os responsables destas situacións sempre son remeros. Pois non, os remeros con os que levan o barco o seu destino.
O vindeiro 26/6 apróbase po lo Consello de Ministros o "FROB", xa veremos as sorpresas que nos están agardando os traballadores. Eles sempre saen ven parados.
Por hoxe mais nada, xa nos veremos dentro de pouco,
Moita sorte compañeiros, e forzas para seguir loitando.
Queda moi pouco tempo para que naza unha nova meniña, filla de nos sei cantas nais, quizáis tres ou catro.
IMOS PARA DIANTE, TODOS XUNTOS NO MESMO PAQUETE, E LOGO XA VEREMOS, SE NON RESULTA BEN, FAISE DE OUTRO XEITO, E ASÍ PO LOS SÉCULOS DOS SÉCULOS, AMEN. E SEGUEN A MEXAR POR TODOS NOS, E TEMOS QUE DECIR QUE CHOVE.
¿ Terá forma de Y " ? .
¿ Quen vai a ser o pai da criança ?
¿ Qué vai a pasar cos traballador@s actuáis e futuros, novos e vellos ?
¿ Qué será dos altos executivos ?
Qué será, será ........
O remate do vrao teremos resposta cumprida, entretanto seguiremos remando.
Saúdos.
Enviar um comentário