4.3.09

Retribución Variable: premiar ao malo

Historicamente a CIG sempre se opuxo á creación dunha retribución variable: é recibir unha remuneración incerta por un maior traballo certo.

A súa posta en marcha no sector de aforro foi impulsada dende a CECA como instrumento para auto-incrementarse as retribucións os altos directivos das Caixas de Aforros, que se dicían peor pagados que os seus homónimos da Banca privada.

Precisamente por estar en contra da variable, unha vez que a Dirección de Caixa Galicia a implantou unilateralmente, tratamos de aproveitar a ocasión para consolidar os complementos fixos. Así pactamos a suba do Salario Mínimo Garantido, do CPAR e CPAS e melloras na carreira profesional.

Por outra parte, sempre tratamos de introducir racionalidade, procurando que o seu cobro estivera regrado con criterios obxectivos. Algo que non sempre conseguimos.

A retribución variable converteuse nun instrumento que premia os malos resultados e que están na orixe dos serios problemas económicos actuais de Caixa Galicia: primeiro premiouse vender préstamos sen control (quen máis vendía, máis cobraba) e agora prémiase a recuperación da mora (quen máis mora ten e a recupera, cobra).

O lóxico sería premiar a quen teña menos taxa de morosidade, pola contra, as oficinas con menor taxa de mora, as do rural galego, son as que queren pechar. O sentido común é o menos común dos sentidos nesta Caixa Galicia.

Chegados a este punto debemos volver ao principio, o SRV debe desaparecer incrementándose o salario fixo, que por un traballo certo teñamos unha retribución certa. Nunca quixemos a variable, pero agora e así, menos que nunca.

1 comentário:

Anónimo disse...

para cando deberían pagar o SRV do ano pasado???

coa paga de marzo???