26.2.09

Mobilización en Ourense en defensa do emprego




Caixa Galicia foi unha das entidades que recibiu unha maior inxección de diñeiro público do goberno central, 782 millóns de euros ou o que é o mesmo 130.000 millóns das antigas pesetas, con todo esta empresa ten en marcha recortes no emprego.

As 11 da maña do día 26 de febreiro dábase o pistoletazo de saída ás protestas sindicais ante o anunciou por parte da Dirección de Caixa Galicia de recortes no emprego na provincia de Ourense. Uns recortes que se extenderan a outras zonas do país, como á Coruña.

O pasado mes de decembro a Caixa pechaba unha urbana, agora anunciou o peche parcial de catro oficinas no rural no que semella o inicio dun proceso de reconversión encuberto; rescindiu os contratos temporais (nalgúns casos persoal con mais de dous anos na empresa); ten en marcha un plan de xubilacións a tempo parcial, xubilando en Ourense e cubrindo os contratos de relevo fora de Galiza.

Pero dende a CIG denuncian que malia que a empresa di que o cadro de persoal está sobre dimensionado esta incumpre tanto o Convenio como os acordos internos polos que esta Territorial da Caixa de Aforros debería ter un 10% mais de persoal. “Anuncian recortes sobre un cadro de persoal xa infradotado” denuncian dende a CIG.

Malia anunciar que o cadro de persoal está sobredimensionado o Departamento de RRHH de Caixa Galicia dixo que non dispon todavía de cifras relativas ao sobredimensionamento, nin do método utilizado para chegar a esa conclusión, nin as medidas que tomará a empresa. Para a CIG “Carecen dun plan, semella que nos últimos meses a xestión da Caixa responde á improvisación en cada unha das medidas laborais e económicas”.

Ante esta situación a CIG comezou cun proceso de mobilizacións en defensa do emprego e das condicións laborais, xa que denuncian que a falta de persoal leva a unha sobrecarga de traballo que se está salvando coa realización de horas extras que a Caixa de Aforros non paga nin cotiza á Seguridade Social. “Un fraude escandaloso nunha empresa que recibiu inxeccións públicas por valor de 782 millóns de euros, 130.000 millóns das antigas pesetas” afirman dende a CIG.

1 comentário:

Anónimo disse...

Un leva anos indo a este tipo de mobilizacións, pero quedei sorprendido coa reacción de clientes e dos cidadans: vaia cabreo teñen cos bancos e os banqueiros (que non cos bancarios).

A xente aplaudia e os clientes achegabanse para criticar a Méndez e compañia, algo impensable fai uns anos.

Mal fai a Caixa procurando unha confrontación laboral neste momento, pero que lle imos pedir a quen non sabe nin xestionar a empresa.