O Convenio Colectivo establece o dereito ao uso sindical do correo electrónico, dando Caixa Galicia dende fai mais dun ano a posibilidade deste uso.
Dende o pasado mes de xaneiro a CIG non pode facer chegar aos traballadores e traballadoras os comunicados sindicais, algo que non acontece co resto de sindicatos presentes na Caixa Galicia. Hoxe sen ir mais lonxe recibiron comunicados de CCOO e CSICA.
Para a CIG estamos ante unha censura, un recorte dun dereito recoñecido e unha vulneración da liberdade sindical. Pretenden que a nosa voz, crítica coa situación da Caixa Galicia non chegue ao persoal.

Non quedaremos calados nin cos brazos cruzados, defenderemos a liberdade sindical na rúa e nos xulgados.
Moito medo debe ter a Dirección de Caixa Galicia e moito debe ter que ocultar para impedir o dereito dos traballadores e traballadoras a recibir información sindical.
2 comentários:
RUMORE, RUMORE...
Nos xornais falase xa de posible fusion con Ibercaja.
Que ten que dicir a CIG a isto???
Rumore rumore...
Os xornais economicos falan de fusión... A elexida Ibercaja. Que ten que dicir a CIG?
www.finanzas.com/noticias/empresas/2009-02-17/92216_quinielas-cajas-negras.html
www.eleconomista.es/empresas-finanzas/noticias/1033467/02/09/Ibercaja-niega-haber-iniciado-un-proceso-de-fusion-con-otra-entidad.html
Enviar um comentário