20.2.09

A Dirección de Caixa Galicia non calará á CIG


O Convenio Colectivo establece o dereito ao uso sindical do correo electrónico, dando Caixa Galicia dende fai mais dun ano a posibilidade deste uso.

Dende o pasado mes de xaneiro a CIG non pode facer chegar aos traballadores e traballadoras os comunicados sindicais, algo que non acontece co resto de sindicatos presentes na Caixa Galicia. Hoxe sen ir mais lonxe recibiron comunicados de CCOO e CSICA.

Para a CIG estamos ante unha censura, un recorte dun dereito recoñecido e unha vulneración da liberdade sindical. Pretenden que a nosa voz, crítica coa situación da Caixa Galicia non chegue ao persoal.



Non quedaremos calados nin cos brazos cruzados, defenderemos a liberdade sindical na rúa e nos xulgados.



Moito medo debe ter a Dirección de Caixa Galicia e moito debe ter que ocultar
para impedir o dereito dos traballadores e traballadoras a recibir información sindical.

2 comentários:

Anónimo disse...

RUMORE, RUMORE...

Nos xornais falase xa de posible fusion con Ibercaja.

Que ten que dicir a CIG a isto???

Anónimo disse...

Rumore rumore...
Os xornais economicos falan de fusión... A elexida Ibercaja. Que ten que dicir a CIG?

www.finanzas.com/noticias/empresas/2009-02-17/92216_quinielas-cajas-negras.html

www.eleconomista.es/empresas-finanzas/noticias/1033467/02/09/Ibercaja-niega-haber-iniciado-un-proceso-de-fusion-con-otra-entidad.html